Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fisterra, Corme, Ponteceso, Montelouro e Nantón ascenden de categoría

  • O Soneira queda pendente do posible ascenso á 2ªB do Compostela, que provocaría o ascenso do Boiro e podería significar o ascenso do cadro soneirán á Preferente.
ascensos do Futbol da Costa
Mapa de ascensos que atinxen ás 4 competicións do Futbol da Costa. O Soneira fica pendente da decisión da RFEF de declarar unha vacante polo ascenso fixo dun equipo da 3ª División á 2ªB, que provocará un efecto cascada cara arriba.
Fisterra, Corme, Ponteceso, Montelouro e Nantón ascenden de categoría

Rematou a incerteza. A RFGF vén de emitir, nunha rolda de prensa, a resolución da Comisión Delegada do Comité de Competición, amparada polos asambleístas e en liña coa RFEF, como nos veu contando o presidente Rafael Louzán.

O presidente lembrou a rolda de reunións virtuais con todos os equipos do país, e agracedeu a súa presencia.

Rolda de prensa virtual de Futgal

As decisións importantes

As decisións máis importantes que atinxen o noso fútbol son:

  • Os ascensos decídense por criterios deportivos. Os ascensos dos equipos da Costa son:
    - Fisterra a 3ª División (xunto ao Viveiro);
    - Corme e Ponteceso (este por deportividade) ao Gr.2 da 1ª Galicia;
    - Montelouro e Nantón, ademais de Camariñas e Outes á 2ª Galicia.
  • Quedan fóra do ascenso, estando en postos de promoción, o Soneira (queda pendente do posible ascenso do Compostela e Boiro) e o Dumbría en 1ª (O Betanzos ascende por criterios de deportividade); a Esteirana na 2ª e os Laxe e Camelle en 3ª.
  • O Soneira depende da decisión da RFEF, que determinará se a plaza vacante do equipo que ascenda á 3ª División, podería sería ocupada polo Boiro (por criterios de deportivade), e provocaría un efecto cascada cara arriba, provocando o ascenso do Soneira, e despois do Vea e o At. Oleiros. Unha circunstancia bastante probable.
  • Do Grupo da Liga Xuvenil costeira non ascende ningún equipo.
  • En Cadetes ascende o Xallas e en Infantís o Dumbría á Liga Galega.
  • Os grupos actuais doblaranse en dous subgrupos, para facer as ligas máis curtas. Non caberá reenchelo en caso de grupos impares.
  • A RFGF non ten claro cando se poderá comezar a competición do curso que vén, pero "outubro ao máis tardar".

Faladoiro

Esta tarde, ás 17:30h, no FB de Fútbol da Costa teremos un faladoiro cos equipos implicados nos postos de ascenso. Están confirmada a participación de Silvia Cancela e Manolo Corredoira como representantes da RGFG, así como Juan Jesús Martínez (Fisterra), Sergio Pichón (Soneira), César Ferrío (Dumbría), Suso da Torriña (Corme), Alberto Recarey (Ponteceso), Manolo Ferrolán (Esteirana), Xaco Barrientos (Montelouro), Roi Fachal (Nantón), Jorge Martínez Villespir (Laxe), e Gonzalo Lemus (Camelle).

 

Novas de Fútbol Confinado

Comentarios