Martes. 23.04.2024
El tiempo

Xa só a Rubitiña se desmarca pola banda de Portocubelo

Xa só a Rubitiña se desmarca pola banda de Portocubelo
Campo de Portocubelo-Foto-Paxina Roxina copia No Campo de Portocubelo, a Rubitiña pasta as súas anchas - Foto de César Caamaño Beiro gañadora dun certame de foto da AC. Canle de Lira Os Petóns, O Balsiño, o Faro da Punta Insua… Como o de Portocubelo, en Lira, hai unha manchea de vellos campos de fútbol que esmorecen do desuso. Campos que viviron tempos de gloria, grandes edicións da famosa Copa da Costa ou da senlleira liga costeira. Campos que se convertían en auténticos centros sociais cada fin de semana. Campos que forxaron a nosa historia. Campos que hoxe en día, son pasto das ovellas. Como a Rubitiña, que non é a nova fichaxe do C.F. Lira, non. A Rubitiña é a mascota “roxiña”, a ovella protagonista da foto gañadora do certame de fotografía da A.C. Canle de Lira. Unha foto que se chama “Desmarcouse pola banda”, e que “garda un transfondo fortemente crítico e irónico sobre o que un día foi uns dos mellores campos de fútbol da Costa da Morte e do que é hoxe en día, debido a escasez de miras da nosa xentiña, esmorece”. Así reflexiona a directiva do club carnotán, que lamenta aquela “oportunidade perdida en tempos de bonanza económica na que se puido municipalizar o histórico campo de Portocubelo e así poder acceder as subvencións públicas xa aprobadas para poder manter as instalacións e o propio terreo de xogo en condicións óptimas, tal como fixeron os povos veciños de Louro e Esteiro, por exemplo”. Unha decisión que obriga hoxe ao CF Lira a xogar "desterrado" no campo municipal de Lombáns “mentres no agora arruinado campo pacen tranquilamente unhas cantas ovellas dun socio para evitar que a maleza o cubra por todo completo”. Campo de Portocubelo-Lira-Foto-Campos Gallegos copia Campo de Portocubelo-Lira-Foto: Campos Gallegos   Son moitos os campos que viven situacións semellantes, e que seguen soñando cunha posible revitalización, como lle aconteceu ao campo do Rodeiro, en Camelle, que estaba así en 2010. O Rodeiro de Camelle en 2010 e en 2016 O Rodeiro de Camelle, en 2010 (Foto de Marcos Rodríguez) e en 2016 (Foto da SD Camelle)  

Os Petóns

Campo vello dos petons-Foto-Alberto pose O Campo vello dos Petóns-Foto-Alberto Pose Pola parroquia malpicá de Cerqueda, moitos lembran o Campo dos Petóns. Un campo que leva máis de 15 anos sen utilizar, excepto os dous primeiros anos da volta á competición da UD Cerqueda, que serviu de campo de adestramento. De feito, dende o propio club cerquedán quixeron recuperar a súa historia organizando cada verán un torneo solidario co seu nome.  

O Balsiño

Campo do Balsino-Piroga-Baio-Foto-Campos Galegos copia Así esmorece o Campo do Balsiño--Foto-Campos Galegos copia Curioso é o caso do Balsiño, do que Chema Rei xa nos ten falado polo miúdo. Un campo que albergou momentos de gloria para o CD Baio, pero que está na Piroga, en territorio vimiancés. Tivo dúas épocas, a do 1957-1963, e despos ata o 1990, cando se inaugurou o novo Platas Reinoso. Agora xace destrozado ao carón da case esquecida AC-552. CD Baio no Balsino en 85-86-Foto-Mar de Paixon O CD Baio no Balsiño na temproada 85-86-Foto-Mar de Paixon  

Portorrubio

Campo Portorrubio Coristanco Campo Portorrubio, en Alcaián, Coristanco Por Alcaián, en Coristanco, o campo de Portorrubio levan 4 anos parado, dende a desaparición do club que competía na 3ª Autonómica. En todo caso, dende o propio club levan coidándoo todos estes anos, cortando a herba de cando en vez, para que non fique abandonado. Ademais, coméntannos que intentarán crear un equipo de Veteranos para a vindeira temporada e volver a poñer á parroquia cortistanquesa en competición.  

Punta Insua

Campo do Faro da Punta Insua-Larino Campo da Punta Insua, no Faro de Lariño Máis tempo aínda leva sen sufrir os pisotóns dos tacos de aluminio o campo da Punta Insua, ao carón do Faro de Lariño, en Carnota. Un campo que ten moita máis vida alén do fútbol. Dende os anos 80 non hai competicións oficiais (si que precisamente o CF Lira xogou un ano nos 90 mentres se remodelaba Porto Cubelo), pero usos deste campo veciñal son diversos. Antigamente facíase a potente Festa do Porquiño, que mesmo puxo no escenario aos Milladoiro. E de escenario tamén valeu hai 3 e 4 anos para o Asaghieiras Master Festival, un festival de música metal que organizaba a rapazada carnotá. Ademais, dende moitas partes do mundo lembran aquel famoso campamento base que Nunca Máis instaurou no propio céspede, sendo o epicentro da acollida de voluntarios e da loita social daquel comezo de século. Precisamente, por Lariño, a Asociación Veciñal Punta Insua estivo varios anos loitando pola apertura e a mellora da contorna do Faro. Pronto intentarán recuperar esa Campaña “Salvemos o Faro de Lariño para revitalizar o fermoso lugar. Carpa de Nunca Mais no campo Punta Insua do Faro de Larino Carpa de Nunca Mais no campo Punta Insua do Faro de Lariño  

O Carreiro

Campo do Carreiro-Santa Comba actualmente O xalleiro Campo do Carreiro, na actualidade Temos que ir tamén ata Santa Comba, onde a forza dos veciños foi clave para erguer o mítico Campo do Carreiro. Un campo que viviu verdadeiras tardes de gloria do fútbol xalleiro, e que hoxendía serve de zona de acampada para diferentes actividades. En todo caso, o campo, que ata mantén os banquiños estilo inglés, ten os días contados. A día de hoxe é propiedade dunha familia coñecida, e a parcela ten uso residencial, polo que poderá ser utilizada nun futuro para construír vivendas. Imaxes historicas do Campo do Carreiro-Santa Comba Imaxes históricas do Campo do Carreiro, como os bancos estilo inglés; a Final da Copa Deputación da 84-85 entre Xallas e Camariñas ou fotos máis antigas do fútbol masculino e feminino Final Copa da Costa 68-69 no Carreiro Imaxe da Final Copa da Costa 68-69 no Carreiro  

Outros campos finados

Outros non sobrevirion ao devir urbanístico das vilas. Moitos lembran aquel Pedras Brancas, inaugurado en 1925, pero no antigo municipal carballés agora hai unha zona residencial. Tamén o seguinte campo que usou o Bergantiños, o Chorís (despois rebautizado como Municipal Vázquez Mouzo), foi reutilizado, e desde que se fixo As Eiroas pasou a formar parte do Instituto. Por Cances, o Vinculeiro aínda se usa para, por exemplo, os adestramentos da base da SD Sofán. En Coristanco, ademais do Portorrubio de Alcaián, esmorece entre os toxos A Braña de Erbecedo, e O Rodeiro da Agualada dáselle uso co fútbol veterano, algo que tamén pasa en Corcoesto coas Bouzas, e en Leiloio co campo da Feira Nova. Tamén hai que lembrarse daquel fenomenal campo con bancadas de cemento que era o campo Municipal de Ponteceso, nunha zona que hoxe alberga unha escoliña, o Museo do Xoguete e outras dependencias municipais. Pero antes do Municipal, o Ponteceso xogaba as súas primeiras temporadas no desaparecido campo do Frade, famoso pola valizada de madeira co que se pechaba. Foi o campo dos pontecesáns ata que en 1969 se inaugurou o Municipal coa presenza do mítico Luis Suárez. En Laxe pasou o mesmo co campo do "Escarabajo", actualmente urbanizado. Seareiros desde as dunas lindeiras ao Campo do Escarabajo 1975-Foto-Phottic Mar de Paixon Seareiros desde as dunas lindeiras ao Campo do Escarabajo en 1975-Foto-Phottic Mar de Paixon   Por Muxía bótase de menos o vello campo de Beiramar, no alto da vila. E no veciño Quintáns o campo do Mirador, no que xogaba o San isidro nos inicios da liga costeira. Campo Beiramar de Muxia en 1965-Foto- Phottic Mar de Paixon Campo Beiramar de Muxía en 1965-Foto- Phottic Mar de Paixon Campo Beiramar de Muxia-Foto de JE Rivadulla Porta para Proxecto Buserana Campo Beiramar de Muxía-Foto de JE Rivadulla Porta para Proxecto Buserana   Tamén moitos se lembran do Campo da Cacharosa, onde xogaba o primixenio Soneira baiés nos anos 20. Ou o campo de Valongo, situado en Baio Pequeno, onde hoxe se abriu a saída Baio-Norte da autovía. No vello Cubeleiro, en Corcubión, agora unha cuadra de cabalos. Por Cee, o vello Raíces deixou paso á ensinanza e hoxe é o lugar o se ergue o IES Agra Raíces. Moi pouca vida tivo en Fisterra o campo (santo) do Cabo, que se atopaba nun vello cemiterio. Campo Vello Cubaleiro en Corcubion Esto é o que queda do vello Cubeleiro de Corcubión E seguindo cara ao sur, ademais dos campos carnotáns,  en Esteiro o vello campo do Artón, que tamén no centro da vila foi substituído pola Salina (hoxe X.L. Vara). Pois como vemos, son moitos os campos que hoxendía son pasto das ovellas, ou das toxeiras, e outros que pasaron a mellor vida coa reutilización deses terreos. O que queda claro é que formarán parte da nosa historia, moito máis que da nosa vida deportiva.  

Novas relacionadas

Artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa

Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colaboración do CF Lira, Óscar Leis, Alberto Pose, Manuel Varela, Chema Rei e Xosé María Lema Suárez.

Comentarios