Domingo. 20.09.2020
El tiempo

Fútbol da Costa

Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos

Sen tempo aínda a dixerir as decisións sobre os ascensos que determinou a Comisión de Delegada da RFGF esta mañá en rolda de prensa virtual, quixemos ter un Faladoiro do #FutboldaCosta, cos 11 equipos implicados directamente en postos de ascenso ou postos de promoción.

Tivemos con nós a Silvia Cancela e Manolo Corredoira como representantes da RGFG, así como Juan Jesús Martínez (Fisterra), Sergio Pichón (Soneira), César Ferrío (Dumbría), Suso da Torriña (Corme), Alberto Recarey (Ponteceso), Manolo Ferrolán (Esteirana), Xaco Barrientos (Montelouro), Roi Fachal (Nantón), Jorge Martínez Villespir (Laxe), e Gonzalo Lemus (Camelle).
Puidemos ter invitado tamén á familia do Outes e do Camariñas, pero o seu ascenso xa estaba cantado unha vez que a nosa 3ª da Costa era a única competición de Galicia que xa rematara na data do parón. Cómpre tamén felicitar ao Xallas, por ese ascenso á Liga Galega Cadete, como ao Dumbría, que completa o trío de ligas autonómicas co ascenso do equipo infantil.

Practicamente todos os representantes agradeceron a labor da RFGF na xestión de toda esta crise sen precedentes, escoitando aos clubs e tomando decisións complicadas sen filtracións e con criterios obxectivos. E todos afondaron na importancia de seguir fomentando a unión do Fúbol da Costa, un dos meirades axentes vertebradores da nosa comarca.

A situación do Soneira

O Faladoiro comezaba, despois da feliz intervención do presidente do SD Fisterra tralo seu histórico ascenso á 3ª División, falando da situación do Soneira. Un Soneira que depende da decisión da Real Federación Española de Fútbol, que determinará se a praza vacante que deixe na 3ª División do equipo que ascenda á 2ªB trala disputa do playoff exprés, podería sería ocupada polo Boiro (que ascendería por criterios de deportivade), o que faría un efecto cascada cara arriba, provocando o ascenso do Soneira ás Preferente, e despois do Vea á 1ª e o At. Oleiros a 2ª. Unha situación que dende a Federación vén probable pero que segue dependendo da determinación da Española.

Subgrupos si, pero como?

Outra das preguntas recurrentes dos asistentes foi sobre como se determinarán os subgrupos das categorías. Corredoira matizou que é practicamente seguro que cada grupo se divida en dous grupos de 10, 9 ou 8 equipos, pero o que non se sabe aínda, e non hai data para sabelo aínda, é como se determinirarán, se por proximidade ou por “cremallera”. Todos coincidiron na importancia de darlle máis importancia á proximimidade, sobre todo no caso da 1ª Galicia na que podería quedar un grupo ben xeitoso con 6 equipos costeiros (esperemos que o Soneira estea na Preferente).

Promocións?

Foi Manolo Ferrolán, presidente da Esteirana, un dos grandes damnificados polas decisións, o que botou de menos que se puidese xogar unha Promoción aló polo final de verán. Outros equipos na mesma situación, como Dumbría, Soneira, Camelle ou Laxe rexeitaron a posibilidade.

A 3ª, a eterna esquecida, suma novas incorporacións

Vai quedar bastante coxa a 3ª Galicia, acusando unha problemática que vén de lonxe. Co 4º ascenso, o do Nantón, que xa non contaban con ascender (o ascenso do Ponteceso, como dicimos por criterios de deportividade, provoca unha praza vacante que debe ocupar o cadro cabanés), por agora son 7 os equipos inscritos para o curso que vén. Bueno, 8, xa que Corredoira corroborou que o Xallas B xa está inscrito para o curso que vén, e hai moitas posibilidades de que o Outes presente tamén un filial, como que o Atlético Pereiriña volva ser unha realidade.

En todo caso, tanto Silvia Cancela como Corredoira asegurou que esta é unha problemática conxunta en toda Galicia e que a RFGF esgtá traballando nun “reestruturación completa do fútbol galego”.

Veteranos

Corredoirao confirmou que ascenden a División de Honra os 3 primeiros clasificados: Ara Solis, San Ramón e Corme.

Novas de Fútbol Confinado

Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos