A Selección de Veteranos da Costa sobe ao podio galego na súa estrea

Foi un día importante para os Veteranos da Costa, este pasado 17 de maio. Desprazábase ata a Madroa a primeira Selección de Veteranos da historia, e dende logo fixeron historia. Alcanzaron un meritorio, e esperado por poucos, 3º posto.
O primeiro partido, contra Pontevedra, os costeiros saíron dominadores e se colocaron por diante moi pronto, por medio de Braulio. Pronto empatou o cadro pontevedrés, pero Braulio volvía meter aos costeiros por diante. Antes do descanso chegaría o empate, e durante as segunda metade, a pesar do control do cadro granate, o marcador non se movería.
Contra a potentese selección de Vigo tocaba o segundo partido da fase de grupos, e foi un auténtico vendabal de fútbol. Na primeira parte o marcador sinalaba un claro 5-2, gracias aos tantos de Braulio (2), Luís, Juan O Vello e Toniño. O propio Toniño e Dielo Lojo sentenciaban e nos últimos minutos se relabaxan permitindo aos vigueses recurtar.
Nas semis, ante Coruña-Ferrol, afectoulles o pouco tempo que tiveron os costeiros para recuperarse da comida, apenas 45 minutos. E así, nos primeiros 20 minutos, os herculinos marcaban un 0-3 xa insalvable (0-4 ao final dos 60 minutos que duraban os partidos).
No 3º e 4º posto, volverían verse as cras con Pontevedra, partido dominado de principio a fin polos amarelos, permitindo que os tantos de Juan O Vello e Luís Giancés (2) trouxesen a medalla de bronce para a Costa.
A convocatoria do míster Sergio Quintáns foi a seguinte.
- Porteiros:
- Añón (San Román).
- Ferreiro (San Lorenzo). - Defensas:
- Miguel Filgueira (Soneira)
- Eloy Arsilia (Dep. Carballo)
- Gustavo (Razo)
- Rober (San Lorenzo)
- Dubo (Zas)
- Luís Picaraña (Mazaricos)
- Martín (San Román). - Medios:
- David Torres (Dep. Carballo);
- Isma Braño (Porteño)
- Roly (Zas)
- O Vello (Soneira)
- Jose Atalaya (Dumbnía)
- Brais Picota (Mazaricos)
- Docampo (Sofán). - Dianteiros
- Braulio (Zas)
- Luís Giancé (Nantón)
- Toniño (Coristanco)
- Diego Lojo (Dumbría).
Novas relacionadas
- Veteranos: O San Lorenzo deixou fóra dos Cuartos da Copa ao campión da D.H., o Zas.
- A Selección da Costa de Veteranos xa ten convocatoria para o Campionato Galego.
- Os Veteranos arrincan a súa Copa da Costa.
- Rematou a competición ligueira con doble empate.
- O Zas álzase co título de D.H. e o Mazaricos co de 1ª Division.