Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Só unha milagre salvará ás Miúdas

As Miudas en Cee-Foto-RafaQuintans
Un 11 das Miudas en Cee en 2019-Foto-Rafa Quintáns
Só unha milagre salvará ás Miúdas

Esta sería a 5ª temporada do equipo das Miúdas. Pero salvo milagre, esta tempada non parece que sairá o equipo feminino do E.D Os Miúdos. Un equipo pioneiro no Fútbol da Costa que abriu moitas portas para a revolución actual do fútbol feminino costeiro.

O equipo comandando por Juan Carlos xa tivo moitos problemas de número o ano pasado. Con apenas 14 xogadoras, pasaron dificultades para xuntar un once en moitos partidos. Este ano, varias xogadoras decidiron cambiar de aires deixando agora mesmo o equipo con apenas 10 xogadoras e 3 infantís.

Deste xeito, o fútbol da Costa contará este ano co Bergan na 1ª Galega; cos Cee, Cerqueda, e o recén creado Xallas na 2ª; e o Mazaricos en F8.

Novas relacionadas

comentarios