Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Soneira S.D. asume as escolas municipais de fútbol base de Vimianzo

VIMIANZO - CESIÓN XESTIÓN ESCOLAS MUNICIPAIS DE FÚTBOL Soneira
O Soneira S.D. asume as escolas municipais de fútbol base de Vimianzo

A pesar dos problemas co primeiro equipo, que este ano rexeitou xogar en 1ª e vai competir en 3ª, o Soneira S.D. vén de asumir o reto da xestión das escolas municipais de fútbol base ó Soneira S.D.

Aseguraron que "este ano haberá fútbol para todas as categorías e transcorrerá con total normalidade”, admitían no propio campo de fútbol municipal, que será o epicentro da actividade.
José Manuel Abelenda, “Josiño”, será o coordinador do programa, unha figura de ampla experiencia no fútbol comarcal e con gran coñecemento dos sectores base deste deporte.

Trátase dun cambio “eminentemente administrativo que non afectará en ningún caso ó devir das futuras xeracións de deportistas”, aseguran tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como o presidente do club, José Alfonso Miñones "Pichón", ao tempo concelleiro.

Comentarios