A sub12 xa ten convocatoria para o Torneo Internacional de Carballo

A sub12 xa probou a Amarela esta semana no adestramento

Volve a sub12, e faino esta fin de semana, 18 e 19 de xuño, no XVI Torneo Internacional F-7 Alevín Concello de Carballo. O Estadio Municipal das Eiroas vivirá un torneo moi especial, na que o noso combinado, dirixido por Carlos Romero (Outes) e o coristanqués Mario intentará pasar da primeira rolda.

A Amarela debuta o sábado ás 11:05h ante o Pabellón no Campo 2 das Eiroas, para xogar posteriormente ás 12:50 ante o Sporting de Gijón, e ás 14:00h ante o Depor no Campo 1. Pola tarde, completará a primeira fase ante o anfitrión, as E.F. Luís Calvo Sanz ás 17:00h no campo 2; e ás 18:50h ante o Celta. O último partido do sábado será xa ás 20:00h ante o CD Lugo.
Xa o domingo competirá ás 10:35h ante o Academie Caimán de Senegal, nun choque que lembra aquela fermosa xornada ante o cadro de Angola.

Esta é a convocatoria final:

Club Xorgador
Cabana Mateo Torres
Mauro Agrelo
Vimianzo Borja Pérez
Xavier López
Cee Sergio González
Mateo Fernández
Cerqueda Moisés Pérez
Coristanco Daniel Suárez
Adrián Suárez
Ángel Remuiñán
Outes Aitor González
Pablo Gandarela
Samuel Vieites
Hugo Antelo
Xallas Jorge Feal
Fabio Facal
Os rapaces no último adestramento

Horarios

Novas relacionadas

Máis novas