A sub12 volveu adestrar en Fontenla ás ordes de Mario e Carlos
09:08 07/06/22
Volveu ao campo a Selección da Costa sub12. Unha gran nova para a comarca a recuperación dos combinados amarelos que tantas alegrías nos deron antes da pandemia. Desta volta, a Selección realizou o primeiro adestramento en Fontenla, ás ordes de Carlos Romero, da familia do Outes e Mario, o adestrador coristanqués que debuta cheo de ilusión.
O equipo prepara o Torneo Internacional de F7 de Carballo. Esta foi a convocatoria:
Novas relacionadas
- Maio 22: A Amarela sub12 volve aos adestramentos.
- Alberto Pose: A herencia da Amarela.