Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A herencia da “Amarela”

Seleccion da Costa sub 12 2018
Imaxe da Selección da Costa sub12 en 2018
A herencia da “Amarela”

Corría o ano 2017 cando chegaba unha proposta ilusionante aos clubs do Fútbol da Costa. A Federación Galega de Futbol, a través da sua Subdelegación na Costa, con Manolo Corredoira ao mando, anunciaba que o Fútbol Base Costeiro estaría representado nos Campeonatos Autonómicos. Nacían as Seleccións Sub-12 e Sub-15 da Costa da Morte.

Todo isto venme a cabeza, porque o outro día falaba con Óscar Leis e Manuel Varela do impacto deportivo que tivo sobre os xogadores e técnicos que, ata o ano 2020 en Ponteceso, fixeron posible que os nosos futbolistas disfrutaran de una experiencia enriquecedora para todos, familias, nenos, adestradores, clubs…

Foi, e espero que siga sendo despois do Covid, un paso adiante a nivel formativo para tamén poder competir a niveis máis altos.

Cromo da Selección da Costa sub15

Outro aspecto a destacar é, para min o máis importante, a relación entre eles. Nenos de Outes, Sofán, Muros, Cabana… todos xuntos disfrutando do que mais lles gusta. Viaxes, adestramentos, partidos, comidas… Con estas experiencias só gaña o Fútbol da Costa. Para min, só podo sacarlle aspectos positivos. Xa sei que se lle poden sacar cousas negativas, pero…

Falaba antes de competir a niveis máis altos, e temos casos de futbolistas que foron convocados nestas seleccións que a día de hoxe están en Liga Galega ou en División de Honra, pero tamén os adestradores mudaron de equipos e de categoría.

Adestradores

Corredoira, Óscar Leis, Martín Vecino, Josiño Abelenda e Adrián Varela

Por exemplo, Jose Barca, que debutada coa Sub 12 en Dumbría xunto a Nando Waldomar, é hoxe o coordinador do Futbol Base de Sofán. Nando, por cuestions de traballo non pode adestrar.

Tamén exerce de Coordinador, Josiño Abelenda, no seu caso no Bergantiños. Cando chegou á Selección era o adestrador do cadete carballés e hoxe é o máximo responsable do fútbol Base ca prolífica canteira vermella.
Joaquín, tamén estivo no debut da sub-12 en Dumbría, axudando a Barca e a Nando, e agora mesmo é o entrenador do Infantil dumbriés de Liga Galega.
Adrián Varela, “Fofi”, chegaba ás seleccións como adestrador do fútbol base en Coristanco. Agora, despois de pasar por Zas e Cerqueda lidera o equipo revelación da 3ª Galicia, o novel Oza.

Adestradores das Seleccions da Costa co delegado Corredoira
Skío, Rubén, Corredoira e Carlos Romero

Máis recentemente chegaron Óscar Leis, Rubén e Carlos Romero. Que dicir destes ‘homes de fútbol’, que seguen sendo a alma e corazón do Dumbria, Cee e Outes. Skío de Fisterra, tamén se incorporou nesta última etapa, e agora está tomándose un ano sabático, pero estou seguro que o día que teña que incorporarse a filas será o primeiro en facelo.

Non podo olvidarme de Martín Vecino, que igual que Nando, por cuestión de traballo non pode adestrar esta tempada. Teño que destacar de Martin unha cousa: as gañas e a paixón que transmitía en cada adestramento, partido, viaxe… GRACIAS!

Con todo isto non quero dicir, que todos estes cambios foran por culpa da Selección, pero estou seguro que valoran positivamente o tempo que estiveron á fronte destes grupos.

Xogadores

Imaxe do debut da sub15 en Cambados

Pero tamén nos xogadores houbo cambios de equipo e de categoria. Daquela convocatoria Sub 12 que debutaba no Conco, hoxe cadetes, dous xogan en División de Honra cadete, o cabanes Blas faino no Bergantiños de División de Honra Cadete, e o porteiro muradán Aitor defende a portería do Compos.
O primeiro gol das seleccions costeiros en partido oficial foi obra de Hugo Pastoriza, capitán do Dumbría Cadete na actualidade xunto a Fabio Blanco, outro dumbriés que o acompañou no debut. Tamén xoga neste equipo outro integrante daquela sub-12, o ceense Antón Pose, que anteriormente xogaba no Cee.
Lucas Souto, de Sofán, xoga agora no Bergan de Galega e o xalleiro Óscar Martínez no Xallas tamén de categoría Autonómica.

E xa para rematar, por exemplo, dos 18 convocados da Sub 15 do ano 2018, 12 xogan en categoría superior. Casos como os dos convocados de Zas, Joel xoga no Xallas e Bryan Garcia no Bergan. De Outes, os representantes, Sergio Martinez e Pablo Tuñas están no Conxo, e o porteiro Iván Fraga cambiou Sofán por Dumbría. E tamén temos casos como de Nicolás Abelenda que xoga no Coristanco Sénior que tan boa tempada está facendo na Liga da Costa; ou Iván Blanco, que fai o mesmo no Cerqueda Sénior, incluso marcando goles.

Con este artigo só intento darlle valor o traballo que se fixo nas Seleccións, e oxalá pronto volvamos a ver a Amarela sobre o céspede.

Un partido da sub12 ante Ferrol
  • Alberto Pose.

Novas das Seleccións

Comentarios