Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#QPCSolidario: Unha marea de material deportivo do Fútbol da Costa para Angola

#QPCSolidario: Unha marea de material deportivo do Fútbol da Costa para Angola
  Familias-da-Seleccion-Sub12-da-Costa-e-da-AFA-Angola-co-material-deportivo-solidario QPC quixo que a entrega do material deportivo á AFA Angola fose da man dos rapaces da Selección sub-12 da Costa Orgullosos estamos todos os membros da familia QPC, xunto con Julio Vila, do éxito da iniciativa solidaria para levar material deportivo ata un país como Angola, onde gran parte da poboación non pode acceder nin a ter unhas botas. Máis dun cento de pares de botas e unha boa bolsa de balóns viaxarán a semana que vén a Angola, para que ducias de rapaces do país africano poidan disfrutar do seu deporte favorito nunhas mellores condicións. Despois de varias semanas de colleita, QPC aproveitou a visita do club AFA Angola ao Trofeo Luís Calvo de Carballo para facer a entrega, que simbolizaron os rapaces da sub.12 da Costa, da Amarela, que tamén disputan o torneo. Ambos conxuntos botaron unha foto de confraternización con todo o material. Unha iniciativa á que se uníu a Cruz Vermella de Vimianzo, así como as Escolas Luís Calvo, aos que lle agradecemos a súa disposición. Familias-da-Seleccion-Sub12-da-Costa-e-da-AFA-Angola-co-material-deportivo-solidario

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/toni-cortes-gran-parte-da-poboacion-de-angola-non-pode-acceder-nin-a-ter-unhas-botas-ou-un-balon-de-futbol/ https://quepasanacosta.gal/un-mar-de-botas-e-balons-do-futbol-da-costa-para-angola/  

Comentarios