Luns. 07.10.2024
El tiempo

Mario ca Sub12: “Está claro que na Costa talento hai”

Mario Rod con Carlos Romero
Mario Rodríguez con Carlos Romero a pasada semana na Fontenla
Mario ca Sub12: “Está claro que na Costa talento hai”

Mario Rodríguez (Coristanco, 1993) é a gran novidade da volta da Selección da Costa sub12 aos campos. O Combinado Amarelo prepara a súa participación a vindeira fin de semana do 17 e 18 de xuño no Torneo Internacional Luís Calvo Sanz de Carballo. Unha cita que recoradará aquela experiencia solidaria que viviron os rapaces da Costa facéndolle entrega dunha gran material deportivo colleitado por QPC á familia angoleña que tamén competía nas Eiroas:

Unha selección na que sorprende a desaparición de Adrián Varela como axudante de Carlos Romero, ou de Óscar Leis e Alberto Pose na coordinación.

Unha Selección que, en caquera casi, xa ten convocatoria para o novo adestramento que van realizar este xoves 9 de xuño de novo en Fontenla a partir das 18:00h:

convocatoria seleccion sub12

Igualmente queremos falar con Mario, ex xogador do Laracha actual xogador do Coristanco que dirixe o seu irmán Juni (aínda marcou no Hermanas Patiño esta semana para eliminar ao Camariñas da Copa da Costa), que empezaba nos banquiños collendo o ano pasado aos alevíns do Coristanco e practicamente leva un cv impoluto, pois non perderon ningún partido e mesmo xogaron a fase provincial en Narón. “Ofrecéronme probar cos nenos e aínda que non confiaba moito na miña paciencia, parece que algo estamos facendo ben”, bromea.

  • QPC: Que supón para ti participar na Amarela? Foi unha sorpresa?

Pois a verdade que non o esperaba, e cando mo dixo Corredoira o día das finais de Carnota, foi unha alegría. Non esperaba que o primeiro ano cos rapaces saíse tan ben e tampouco esperaba este premio. Estou encantado.

  • QPC: Como vés os nenos?

Sorprendiume bastante. Algúns xa os coñecíamos de xogar contra o Coristanco, pero hai algúns que carai… os de Muxía, Cerqueda… hai 5 ou 6 nenos cun gran nivel.
Ademais vinos moi soltos, nervios cero, non era o típico de non atreverse, vinos co maior descaro. Gustoume moito o ambiente a verdade.

  • QPC: E que esperades do torneo? Competirán?

Pasa o de sempre nestas seleccións: pouco tempo para entrenar e adaptarse. Creo que vai influír moito como empecemos, como pasa en todas as categorías, vaia. Se empezamos ben e os nenos se van soltando, poderán competir e sacar algo positivo. Se empezamos contra un equipo demasiado forte igual…

  • QPC: Cres que son necesarias estas convocatorias da Selección? Canto lle aporta ao Fútbol da Costa?

Primeiro habería que agradecer a Chano e a Fundación Luís Calvo que se acordase de levar a nosa Selección, e darlle a oportnidade aos nenos de ser visto, e que poidan facer un bo torneo e por que non dar un salto a un equipo. Está claro que na Costa talento hai, pero as xentes da Liga da Costa parece que temos algo menos disciplina. Somos xentes de máis festa. Eu por exemplo, levo 19 anos xogando na Costa e vexo ás mesmas xentes un ano tras outro. Falta relevo.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios