sábado. 15.02.2025
El tiempo

Vanse perfilando as datas da xornada suspendida pola borrasca Herminia

Muro da entrada do campo de futbol de Arlina destrozado pola borrasca Herminia
Muro da entrada do campo de futbol de Arlina destrozado pola borrasca Herminia
Vanse perfilando as datas da xornada suspendida pola borrasca Herminia
Trala suspensión da pasada xornada dominical polo paso da borrasca Hermina practicamente en todo o fútbol galego, a RFGF vén de decicir cando se disputan as competicións autonómicas. Pendentes aínda de decidir as datas que dependen da Delegación da Coruña, anunciamos xa que:
  • A Preferente e a 1ª FUTGAL disputarán a x.19 o xoves 17 de abril (festivo de Semana Santa).
  • As 1ª Xuvenil, Cadete e Infantil xogarán o sábado 1 de marzo.
  • A 2ª División Galega Feminina (x.17) e a 3ª División Galega Feminina (x.12) disputarán a xornada o domingo 2 de marzo.

En todo caso, o 2 de marzo hai Oitavos da Copa da Costa Feminina, que terá que ser modificada.

Horarios para a finde

Volve, esperemos que non chegue outra borrasca, o Fútbol da Costa, cun carrusel dominical completo en www.futboldacosta.com, onde temos máis de 100 horarios actualizados xa.

E volve con protagonismo para a Liga da Costa FEM, porque o partido da xornada, para pechar a primeira volta, é o choque entre o líder invicto, o Corme, e o inmediato perseguidor, un Muxía que chega a 8 puntos (na foto de Fin Lema o choque do ano). Unha vitoria cormelá deixará a liga encarrilada, pero unha vitoria das muxiáns apretará a clasificación e deixará todo aberto para a segunda volta.

Finalísima tamén a que afronta a Esteirana no Gr.4, enfrontándose ás colíderes, un Céltigas que chegan tamén a este final da primeira volta sumando partidos por vitorias como as blaugranas. 

Ademais, na 2ª FEM, o Xallas, líder provisional cun partido máis, visita ao Lugo B, esperando ademais que o Pastoriza (2º) tropece ante o Tordoia (3º). Dumbría e Cee teñen partidos matitunos ante rivais asequibles como Burgo e Orillamar.

No Fútbol masculino, cómpre destacar un San Lorenzo - Fisterra na 1ª, importante sobre todo para os carballeses, como un dos últimos trens para subirse á pelexa pola permanencia.

Partido importante ademais para o Dumbría (2º) ante o 4º clasificado, o Boimorto, que chega a só 6 puntos dos dumbrieses, e tendo en conta que o líder, o Club do Mar seguramente sumará s 3 puntos ante un equipo da zona baixa como o Vea.

Na Liga da Costa temos tamén bos partidos, como o derbi de necesidade entre Corcubión e Cee, o Baio (5º) - Monte Louro (3º) ou o Soneira (4º) - Xallas (2º), buscando non perder comba do lider, un Camariñas que recibe ao Ponteceso. 

Na 3ª, o Zas (3º) - Cerqueda (5º) perfílase como o partido dunha xornada que tamén terá un derbi entre Seaia e Malpica.

Ollo tamén ao partidazo da D.H. de Veteranos que se celebra na Porta Santa o domingo entre o San Ramón (2º) e o At. Carballo (1º), con apenas 2 puntos de diferencia entre ambos, e a só 10 xornadas de que remate a liga.

Comentarios