Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veteranos: O Fisterra, novo equipo da División de Honra

Arrincou a Copa da Costa, coa eliminación do Sporting Zas como gran sorpresa
Fisterra de Veteranos
O SD Fisterra celebrando o ascenso nos vestarios de Pedra Queimada
Veteranos: O Fisterra, novo equipo da División de Honra

Fin de semana de emocións no fútbol costeiro de Veteranos. Mentres arrincaba a Copa da Costa, unha intensa promoción decidía o equipo que acompaña a Leiloio e Corme (cómpre lembrar a renuncia do campión da 1ª, o Sportong Bértoa) no ascenso á División de Honra.

A pasada semana Fisterra e Malpica venceran nas semis a Oza e Nantón, respectivamente. E esta mañá dominical celebrábase a gran final en Pedra Queimada. Foi un partido moi tenso, que remataba co 1-1 no marcador ao remate dos 90 regulamentarios, tralos tantos de Pedro para o Malpica á hora de xogo, e de Javier para o Fisterra un minuto despois.

Todo se decidía na quenda de penaltis, e a lotería foi para o Fisterra, pois Rico aproveitou o erro de Diego Mato no 5º penalti para darlle o alegrón ao seu equipo.

Copa da Costa

Ademais, o domingo tamén tivo a Previa da Copa da Costa. 8 eliminatorias se disputaban, algunhas tremendamente igualadas. Como a sorpresa da semana, a eliminación do Zas (equipo que loitou polo título da D.H. ata a última xornada) ante o Leiloio (equipo que consegue o ascenso á mesma categoría), por un 1-0, gracias ao gol de Álvaro.

Ademais, houbo outra eliminatoria decidida dende os 11 metros, na que o Coristanco superou ao Cabana.

Asi queda un cadro que tendes sempre actualizado en www.copadacosta.com.

Copa da Costa 2022 - Copa Vet. copia

Novas relacionadas

Comentarios