Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Veteranos: San Lorenzo e Zas xóganse o título

  • O Corme ascende á D.H. trala renuncia do Bértoa.
  • A Copa da Costa de Veteranos sortéase este venres.
San Lorenzo e Zas de Veteranos
San Lorenzo e Zas xóganse esta fin de semana o título da División de Honra de Veteranos
Veteranos: San Lorenzo e Zas xóganse o título

Menuda xornada a deste martes no Fútbol Veteranos, chea de goles, con dous focos fundamentais. Era a penúltima xornada da División de Honra, e en San Andrés, o Sporting Zas (2º) desfacíase do CF Dumbría (3º) por 4-2, quedando só co San Lorenzo na loita polo título. Os de Verdillo vencían por 8-4 ao Porteño e suman 1 punto máis que os zaseiros polo que de gañar o domingo en Coristanco (ou facer o mesmo que o Zas) proclamaríanse campións de Liga.

Por abaixo, cos Razo e Corcoesto descendidos, Castriz e Porteño xóganse o terceiro posto de descenso, con 2 puntos de vantaxe para os xalleiros.

Mentres, a 1ª xa remataba a semana pasada. O Sporting Bértoa quedaba campión pero renuncia ao ascenso, polo que Leiloio e Corme ascenden á División de Honra.
Ademais, o terceiro posto de ascenso decidirase a partir desta fin de semana, pois o playoff empeza xa, do seguinte xeito:

  • Oza (4º) vs Fisterra (7º)
  • Malpica (5º) vs Nantón (6º).

Novas dos Veteranos

Comentarios