Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Xallas confirmou nas Fontiñas o seu título da 3ª

Xallas celerbando o titulo de campion da 3 da Costa
O Xallas confirmou nas Fontiñas o seu título da 3ª

Fin de semana de demostración de poderío do fútbol xalleiro na Costa da Morte. Trala celebración sabatina do Castriz do título da Liga da Costa, o domingo a alergía rossonera trasladouse á parroquia verde, pois o Xallas confirmaba a súa supremacía na 3ª Galicia.

O equipo presidido por Doro e dirixido por Doriño e Churián, decidía a comezo de curso facer un borrón e conta nova, renunciar á súa praza de 1ª Galicia e recomezar na 3ª. E o comezo desta nova andaina da historia do cadro xalleiro non puido ser mellor. Onte confirmaba no campo das Fontiñas o seu título de Liga. Xa asegurara o ascenso hai 2 semanas, pero é que o cadro verde suma 21 vitorias, 3 empates e 0 derrotas, celebrando o alirón con 4 xornadas de marxe.

O euipo tardou ata o segundo tempo en sentenciar o choque, pois ao descanso o Nantón conseguira empatar o gol inicial do líder. Na segunda, Doro de penalti, Adrián e de novo o gran heroe desta familia, Doro, completaban o campionato.

Xallas celerbando o titulo de campion da 3 da Costa 2

Máis novas

Comentarios