Domingo. 28.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Xallas sentencia o ascenso directo

O Xallas ascende a Liga da Costa
O Xallas celebrando o ascenso á Liga da Costa
3ª Galicia: O Xallas sentencia o ascenso directo

6 xornadas para o remate e o Xallas xa ten confirmado o ascenso directo á Liga da Costa e está a piques de confirmar o título, nunha temporada que pode ser aínda máis histórica se remata invicto.

Na loita por acompañar de xeito directo ao cadro xalleiro, o Soneira colle a cabeza na loita pola segunda praza de ascenso directo. Os vimianceses non fallaban ante o Buño pero o Corcubión demostraba o seu bo estado de forma (cuarta vitoria seguida) superando a todo un Sofán B. Un punto de vantaxe ten o Soneira sobre o filial carballés.

Na segunda batalla, a da loita pola promoción, Oza e Lira superaban probas importantes ante Pereiriña e Laxe, deixando que Cerqueda e Zas (que tamén venceron) e Malpica (que descansaba) fiquen necesitando os tropezos de lirachos e carballeses.

Un dos protagonistas da xornada, Javi Suárez, que facía 5 goles e que se pon con 21, preto dos máximos goleadores da categoría, que son o sofanista Adrián Vazquez (25), o malpicán Ibra (24), e o corcubionés César Lojo (24).

Javi Suarez no San Paio de Refoxos
Javi Suárez marcou 5 no San Paio de Refoxos.Foto-Noe Touriñán

Sofán B - Corcubión (1-3)

  • Goles: 1-0, m.23: Nacho Eirís; 1-2, m.54: Iago Lema; 1-2, m.71: Iago Lema; 1-3, m.87; Mario.

Partido de poder a poder o sábado en O Carral no que ambos equipos sabían o que había en xogo. Os visitantes necesitaban gañar para meter presión á zona alta da clasificación. Empezaron tensos ambos equipos, abusando de balóns largos e sendo protagonistas as defensas, pero era o cadro local o que chegaba máis á área rival, con varias ocasións de Adrián. Conseguíanse adiantar os de Barca aproveitando un rexeite na área e as sensacións da primeira metade eran de cor vermella.

Pero cambiou o conto na segunda, cun Corcubión mo metido, e moi pronto, nunha falta colgada, Lema controlaría dentro da área e faría o empate ante a parálise da defensa local, algo inexperta en duelos de tensión. Sería de novo o capi corcubionés o autor do 1-2 nunha gran xogada combinativa que remataría de cabeza. O Sofán subiu liñas, o que permitiu aproveitar os espazos ó Corcubión. Nunha contra Lema de novo sería obxecto de penalti, que transformaría Mario. O Sofán intentou meterse no partido pero apareceu Bruno para facer a parada da tarde, mantendo ademais o golaveraxe individual a favor dos de Nito.

Ameixenda - Zas (2-8)

  • Goles: 1-0, m.8: Adrián Torices de penalti; 1-1, m.14: Javi Suárez; 1-2, m.35: Ronny; 2-2, m.37: Óscar; 2-3, m.41: Andrés; 2-4, m.59: Javi Suárez; 2-5, m.77: Javi Suárez; 2-6, m.80: Javi Suárez, 2-7, m.87: Javi Suárez; 2-8, m.89: Rubñen Forján.
Ameixenda-Zas-Foto-Noe Tourinan
Ameixenda-Zas-Foto-Noe Touriñán

Non foi o mellor partido do Zas que pretendía ter a pelota e atopar ocos na defensa do Ameixenda e atopouse un equipo ben plantado atrás nos primeiros compases buscando rápido os seus dianteiros que nunha desas accións atopouse cun penalti que transformarían poñendo o 1-0 no marcador. Javi Suarez empataría os poucos minutos nun balón ás costas da defensa e tras ese empate pouco fútbol se veu; xogo moi lento, moitas interrupcións, os balóns que saían fora no Sampaio dos Refoxos que tardan moito en volver o campo, polo que o mais salientable foi unha acción na que caeu un xogador do Ameixenda, o árbitro non pitou nada os xogadores do Ameixenda pararon e Ronny marcaría gol moi protestado. O Zas deixaría marcar tras o saque de inicio poñendo 2-2 e xa cando parecía que chegarían con empate ao descanso, Andrés atopou un balon na área que daba ventaxa o Zas para o paso por vestiarios.

Na segunda metade o Ameixenda baixou e o Zas fíxose un pouco máis co control da pelota atopando un Javi Suárez en estado de gracia que marcaría as diferencias nun partido bastante gris con 5 tantos e que o acerca a tabla de pichichis da categoría (o último tanto que marcaría de auténtica clase dun dos mellores xogadores dos últimos anos da Costa).

Oza - Pereiriña (2-0)

  • Goles: 1-0, m.5: de Nacho cun golazo; 2-0, m.38: en propia.

Partido moi igualado nas Eiroas, cun Pereiriña que chegaba con moita baixas, e que se vía por debaixo do marcador tralo golazo inicial de Nacho. Así e todo, non se veu abaixo e durante a primeira metade foi superior tendo ata 4 ocasións claras de gol. O segundo a 10 do descanso, nunha xogada desafortunada da zaga visitante, deixaba o partido encarrilado para o Oza, ante un Pereiriña que na segunda non tivo forzas para reaccionar e meterse no partido.
Debutou Raúl, ex do San Lorenzo, cos carballeses pero foi expulsado no treito final por unha falta como último home que salvou o tato dos ceenses que se puideron ter metido no partido.

Cerqueda - Nantón (2-1)

O UD Cerqueda masculino
Plantel do UD Cerqueda
  • Goles: 1-0, m.7: Hugo Fraga tras unha falta lateral; 1-1, m.26: Sevillano tras un pase filtrado; 2-1, m.85: Palermo remacha un centro lateral raso.

Volveu aparecer Palermo sobre a bocina para darlle 3 puntos que manteñen vivos aos de Emilio na loita pola promoción. E iso que non foi o mellor partido dos malpicáns, que comezaban marcando pero que se vían superados por un Nantón que empataba pronto e que tiña ocasións para poñerse por diante.

Si que o Cerqueda dominou a segunda metade, pero non eran quen de marcar ata que aparecía Palermo unha vez máis, nunha xogada na que os visitantes protestaron un posible fóra de xogo.

Seaia - Xallas (1-3)

  • Goles: 0-1, m.33: Rubén Sande; 0-2, m.42: Adrián Forján; 1-2, m.47: Juni de penalti; 1-3, m.47: Rubén Blanco.

Solventou a papeleta o Xallas ante un bo Seaia, que saía ben armado atrás e que aguantaba durante máis de media hora sen sufrir. Dous goles daban vantaxe aos xalleiros, pero no desconto un penalti dubido permitía aos locais meterse no partido.
Mantivo a idea o cadro de Doriño e ada máis saír, unha xogada entre Forján, Sande e Rubén Blanco permitirían facer o terceiro. O Seaia estirouse pero as ocasións máis claras na segunda foron dos visitantes.

Lira - Laxe (1-0)

  • Gol: 1-0, m.56: Ramón.
Partido en Lombans
Bo ambiente en Lombáns

Con 11 xustos se presentaba o Laxe en Lombáns, e conseguían agunatar a primeira metade sen conceder ocasións. O Lira dominaba pero non conseguía abrir a fenda, tendo a mellor ocasión nun turo de Amoedo dende campo propio que petou no longueiro.
Na segunda, o Lira metería unha marcha máis e pronto Ramón abría o marcador cun tiro dende o borde da área. Aí tivo que estirarse un pouco máis o Laxe pero as ocasións máis claras serían dos locais, por medio de Juan e Ramón, que obrigaron ao porteiro Diego a levar o premio de MVP do partido.
Tivo, iso si, no desconto un remate de cabeza o Laxe para empatar pero salvou o meta local Raúl.

Soneira - Buño (4-0)

  • Goles: 1-0, m.8: Héctor, un cadete, nun córner; 2-0, m.16: Richi; 3-0, m.24: Yuyo a pase de Richi; 4-0, m.90: Vía a centro de Brais.

Partido no que o Soneira entrou mellor, sendo moi boa por parte dos vimianceses a primeira media hora de partido, co vento a favor, na cal deixaron o partido cáseque visto para sentencia con tres goles para poñer o 3-0 no marcador co que se chegaría ao descanso.

Tralo paso por vestiarios, o Buño tivo unha clara ocasión para recurtar diferencias no marcador pero o xuvenil Brais Dono faría unha boa intervención e coa axuda do longueiro evitaría o gol de José e evitaría calquera atisbo de reacción dos oleiros. Xa co tempo cumprido, os locais poñerían o definitivo 4-0, escalando así á segunda posición da clasificación.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios