Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Xallas e Dumbría participarán na novedosa Copa Deputación

Juan Villamisar no Sorteo da Copa Deputacion 2024
Juan Villamisar no Sorteo da Copa Deputación 2024
Xallas e Dumbría participarán na novedosa Copa Deputación

Xallas e Dumbría, como gañadores da Copa da Costa participan as dúas vindeiras fin de semana na nova Copa Deputación. A cita provincial cambia de formato, e se disputará en dúas fins de semana, nunha sede única, entre os catro gañadores das categorías masculina e feminina da Copa A Coruña, Copa Costa da Morte, Copa Ferrol e a Copa Sar.

Esta mañá celebrouse o sorteo, que deparou que o Dumbría se enfronte ao O Val nas semis masculinas (domingo 16 ás 19:00h), mentres que o Xallas terá que enfrontarse ao Victoria B (equipo no que xoga a malpicá Naroa, pichichi o ano pasado no Corme) na competición feminina (domingo 16 ás 10:00h).

Cadro da Copa Deputacion 2024

Un dos grandes alicientes desta competición que impide marchar aos equipos de vacacións ata o 22 de xuño, é o reparto económico. O torneo repartirá 28.000 euros en premios recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos.

Ademais, os gañadores participará na Supercopa Deputación, contra os campións das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra para optar a unha praza na Copa do Rei.

Durante a súa intervención tras sortear os equipos, o deputado de Deportes, Antonio Leira, recalcou que están a preparar a Copa Deputación da Coruña de fútbol base para setembro ou outubro en categorías infantil e cadete.

Comentarios