Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Choque de trens entre Xallas e Sofán

Sofan e Xallas Xuvenil
Sofán e Xallas en sendos partidos. Foto do Sofán de Luís González
Xuvenís: Choque de trens entre Xallas e Sofán

Só cómpre ollar a clasificación da 1ª Xuvenil para ver que esta fin de semana hai unha cita clave. Máxima rivalidade este sábado no campo da Fontenla, cando se enfrontarán o primeiro e segundo clasificado, cando quedan 4 xornadas para o remate da primeita volta.

O Xallas de Jota foi líder da liga ata a semana pasada durante case todas as xornadas, pero o seu empate no Cunchido, permitiulle ao Sofán de Barca e Diego Viaño ascender ao máis alto. Apenas 1 punto separan aos dous equipos na loita por quedar campións de inverno.

Barca adestador e Diego Vilarino-Sofan
Barca e Diego Viaño forman un tándem no banco do Sofán

Falamos de equipos moi parellos, que a tempada pasada pelexaron pola liga até as últimas xornadas. O Xallas caracterízase por ser un equipo moi ofensivo que condicionalmente é moi forte con xogadores moi altos, cun medio do campo con 3 xogadores que roldan o 1'90. jota chega con varias baixas en defensa, pero vén de incorporar a Braian do Bergantiños.

Pola súa parte, o Sofán é un equipo camaleónico con diferentes estilos adaptables ao campo, meteoroloxía e rival, que lle gusta levar a iniciativa do xogo. O equipo é moi forte fisicamente e moi potente a balón parado demostrado polos máis de 20 goles que leva a súa liña defensiva.

Todo parece que o partido decidirase por pequenos detalles, pero que a igualdade será máxima.

Comentarios