Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Dúas remontadas poñen a emoción á Copa da Costa xuvenil

Outes metese nas semis da Copa da Costa Xuvenil
O Outes métese nas semis da Copa da Costa Xuvenil
Xuvenís: Dúas remontadas poñen a emoción á Copa da Costa xuvenil

Outes-Soneira e Corme-Sofán son as semifinais da Copa da Costa tras uns Cuartos ben intensos. Tremenda a remontada do Outes ante o Cabana, así como a do Soneira ante a Esteirana. Sofán e Corme non deixaron saltar a sorpresa despois dos choques da ida.

Outes* - Cabana (6-2)

  • Outes: Siro, Canoa, Perol (Cartucho, m.50), Joel, Fabián, Kevin (Josiño, m.46), Álex (Stefan, m.61), Nico, Ryan (Mangelo, m.79), Ramón e Fran Lires.
  • Cabana: Roberto, Javi Reino, Rubén Riegía, David Rey, Dani Pose, Samuel, Nando, Castro, Mannuel Romero, Simón e Pablo Villar. Tamén: Alex, Sergio, Cristian e Miguel.
  • Goles: 0-1, m.10: Manuel Romero; 1-1, m.16: Kevin; 2-1, m.20: Fran Lires de penalti; 3-1, m.30: Fran Lires de penalti; 3-2, m.56: Simón; 4-2, m.65: Fran Lires; 5-2, m.71: Cartucho; 6-2, m.77: Canoa.

Partido vibrante o xogado na mañá do sábado no Conchido cunha calor sofocante. O Cabana chegaba ao Cunchido confiado en que o 5-2 da ida sería suficiente para meter nas semis, pero se atopou cun cadro da Serra confiando as súas posibilidades. Entreou máis metido o cadro de Claudino, pero era Manuel Romero, o pichichi cabanés, o que abría a contenda. Relaxouse o equipo de Fernando e Pablo, e Kevin empataba para os locais. Pouco despois chegaban dous penaltis seguidos, dubidosos para os visitantes, que colocaban o 3-1 no marcador e deixaban a eliminatoria aberta ao descanso, permitindo que os locais cresen na remontada, contando ademais co alento do público.

Comezaba o Outes metendo no seu campo ao Cabana, pero nunhca contra Simón marcaba. Parecía que o equipo visitante controlaba a situación, pero perdía á súa referencia arriba, pos Manuel, que chegara enfermo ao partido, tivo que saír polos mareos. Comezaron a sufrir a calor e o paso dos minutos os visitantes, con moitos xogadores que levan toda a temporada xogando sábado e domingo.

O Outes, máis fresco, botouse de novo arriba. Fran Lires volvía marcar o seu terceiro tanto, e a falta de 20 minutos Cartucho empataba a eliminatoria. O Cabana, sobre todo a balón parado, tivo o pase, pero foi Canoa o que marcaba o gol para o delirio da bancada local.

Fermosos os xestos de deportividade que tiveron os muradáns animando aos xogadores cabaneses, que xacían desolados sobre o céspede do Eleuterio Balayo.

Soneira* - Esteirana (4-1)

  • Goles: 1-0, m.10: Damián; 1-1, m.20: Carajillo; 2-1, m.25: Fran Moreira; 3-1, m.50: Esteban; 4-1, m.87: Ángel.

Soneira e Esteirana nos Cuartos da Copa Xuvenil

A eliminatoria chegaba igualada tralo 3-2 da ida para a Esteirana. pero o Soneira que saía moi enchufado o partido e disporía de dúas claras ocasións por medio de Nico e Fran que se iría forá por moi pouco pero Damián a terceira faría o primeiro para os soneiráns.

A Esteirana desperezábase e soltábase o dominio local, sobre todo co gol nun barullo a saída dun córner Carajillo, que cun potente disparo empataría o encontro. Pero o Soneira non se viría abaixo e aos 4 minutos Fran volvería adiantar os seus tras unha xogada individual de Brais por banda que cedería a Fran, que ben muito aumentar a vantaxe cunha clarisima ocasión que tras regatear o porteiro o seu disparo moi escorado pasease pola liña de gol. Antes do descanso Chris salvaría os seus nun man a man ante Carajillo, que puido ter sido o 2-2.<7p>

Na segunda parte o Soneira volvería a saír moi enchufado e outra boa xogada individual de Brais cede para Chasko para fusilar o meta visitante e facer o 3-1. A Esteirana adiantaría liñas pero Chris con tres boas intervencións salvaría os seus e Angel, xa ns últimos minutos e á saída dun córner, faría o 4-1.

Os Miúdos - Corme* (1-3)

  • Goles: 1-0, m.6: Rubén; 1-1, m.11: Manu Tasende; 1-2, m.38: Manu Tasende; 1-3, m.69: Samuel.

Xa levaba o cadro cormelán o pase encarrilado despois do 4-1 da ida. O Corme fíxolle o pasillo de Campeóns de Liga na entrega da Copa e gardouse un minuto de silencio na memoria dos mozos de Redondela no campo muradán.

Os negros saíron a tope e pronto se colocaban 1-0 co gol de Rubén. Nos primeiros 20 minutos tiveron os locais ocasións para ampliar a renda e meterse na eliminatoria, pero o punta muradán mandou o balón por riba do longueiro cando parecía imposible. Foi momento clave por na seguinte xogada empataba Manu Tasende.

O partido seguía intenso ata que pasada a media hora marcaba de novo Manu Tasende provocando practicamente o final da eliminatoria.

Xallas - Sofán* (0-3)

  • Xallas: Brais, Iván Amarelle, Nando, Iván Caamaño, Héitor, Vícto, Adrián López, Pablo Facal, Brais García, Adrián Mourelle e Fabián.
  • Sofán: Iván Fraga (Iván Glez, m.45), Adrián, Simón, Nacho, Gaby (Alex Vázquez, m.45), Cristian Lema, Aarón, Cuadrado (Eloy, m.55), Rial (Julián, m.58), Nachete (Raúl, m.62), Kevin.
  • Goles: 0-1, m.5: Kevin, tras un mal despexe do defensa que deixaría a Kevin só ante o porteiro; 0-2, m.35: Kevin despois dunha moi boa xogada colectiva; 0-3, m.57: Rial, despois dunha xogada individual con tiro preciso dende o borde da área que entraba pegado ó pau.

Co 1-0 da ida, os sofanistas chegaban a Fontenla co pase a semis avanzado. Pero o Xallas, moi mermado polas baixas (11 xustos), comezaba con gañas e con forza, metendo atrás ao Sofán. Porén, o cadro de Nando xa marcaría aos 5 minutos. Tivo o equipo de Mario un claro man a man para empatar, pero Iván salvou. Pasada a media hora aumentarían a distancia no marcador os visitantes refrendando o dominio. Na segunda parte marcaría un terceiro gol o equipo visitante ante a impotencia local.

Máis información

Comentarios