Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Carballo terá doble cita co F7 e co atletismo

Carballo terá doble cita co F7 e co atletismo

Doble cita deportiva a que terá o Concello de Carballo no mes de xuño. Falamos do VII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo – III Memorial José Luis Vara Olveira, así como a I Carreira Popular Concello de Carballo.

VII Torneo Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo – III Memorial José Luis Vara Olveira

Prestixioso torneo o Carballés no que participarán na fin de semana do 10, 11 e 12 de xuño clubes como o Oporto, o Barcelona, o Atlético de Madrid, o Deportivo da Coruña ou o Celta de Vigo, ademais do Balboa Junior, chegado dende a República do Salvador.

Ademais, un dos principais atractivos do Torneo tamén é a presenza o domingo 12 de xuño da Copa do Mundo, que poderá visitarse ao longo de toda a mañá, e ata que rematen os encontros, na sala de trofeos do campo das Eiroas.

I Carreira Popular Concello de Carballo

Máis de 1.000 persoas agardan dende o Concello que participen na proba do vindeiro domingo 19 de xuño. A saída e a meta estarán situadas na Gran Vía á altura da Praza do Concello.
A carreira contará cun total de 12 clasificacións e o reparto de 36 trofeos, máis dous especiais para a categoría absoluta ao 1º carballés e carballesa.

A I Carreira Popular Concello de Carballo, homologada pola Federación Galega de Atletismo, está organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo, ademais da Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, que atenderá aos corredores durante a carreira, e o CCB-Haley.

Inscricións

Os interesados e interesadas en inscribirse na proba poden facelo premendo aquí, onde tamén se pode obter máis información sobre a proba.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios