Venres. 03.05.2024
El tiempo

Cee acollerá un Campus de Fútbol do Celta de Vigo

Cee acollerá un Campus de Fútbol do Celta de Vigo

A Fundación Celta de Vigo organizará do 25 ao 30 de xullo no Concello de Cee un Campus de Fútbol dirixido a nen@s de 4 a 15 anos. A actividade se levará a cabo nas instalacións do Estadio Municipal de Fútbol "San Paio de Refoxos" de Cee en horario matinal das 10.00 ás 14.00 horas e terá un custo de 160 €.

Ademáis cada participante será agasallado cunha camiseta, pantalón e medias e se a inscrición se fai antes do 30 de maio se poderá asistir a un partido oficial do primeiro equipo e sacarse unha fotografía co mesmo.

Máis información e inscricións

  • Máis información no 902 104 404 (Celta de Vigo) ou no Servizo de Deportes do Concello de Cee (981745100 (Ext.3)).
  • Toda a información en www.concellodecee.com.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios