Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Un repaso ás exitosas Ligas Galegas dumbriesas e as LCFs

Un repaso ás exitosas Ligas Galegas dumbriesas e as LCFs
Dumbria da Liga Galega Cadete-Foto- Jorge parri

Xa remataron as LCFs Costa da Morte, afrontando xa a súa fase final, que terá lugar precisamente mañá venres 1 de febreiro no Conco a partir das 18:00h. Pero antes de repasar a actualidade do Dumbría de Liga Galega, que está facendo un temporadón, sobre todo en cadetes.

3º está o Dumbría na Liga Galega Cadete, competindo con equipos como o Deportivo ou o Santiago de Compostela. De feito, estes dous xigantes son os únicos que superan ao cadro dirixido por Diego Lobelos e Oscar Leis, que só suma 2 derrotas en 19 partidos.

E malia que o obxectivo non é ascender, "estamos en postos de ascenso directo a División de Honor, pois o Deportivo non pode", coméntanos Leis. "Esta semana ademais tivemos algo de sorte cos resultados e distanciamos ao 4º e 5º", destacando a vitoria clave sobre o Residencia que queda 5º a 11 dos dumbrieses. Agora a amenaza qeuda no Ural, a 6 do cadro de Lobelos.

Preguntado pola clave, Leis destaca "o bloque, cunha portería moi ben cuberta con José María e Bruno facéndoo moi ben; unha defensa algo escasa pero cuns laterais que están traballando doble. Pero sobre todo temos moi bo equipo do medio para arriba, con auténtica dinamita na dianteira. Entre Juan de Dora, de Louro, Marcote de Fisterra, Damián de Baíñas, e Santi Díaz que chegou de Baio, temos goles asegurados e cando non marca un, marca outro, e iso dá moita tranquilidade ao equipo".

Leis destaca tamén o traballo dos Roberto, Edu, Canario, Duarte... na parte traseira. Pero sobre todo, quere facer patente o xigante traballo de Diego Lobelos á fronte do equipo. Nesta xa a súa 4º temporada en Dumbría, Lobelos está a piques de facer historia.

Dumbria da Liga Galega Cadete -Foto- Jorge parri

Paralelamente, o cadro infantil que dirixe Juan Porrúa está sufrindo algo máis. Están de 14º, pero contan cun bo colchón sobre o descenso, con case que 3 equipos denostados. Sorprendía, iso si, a derrota desta fin de semana, probablemente polo exceso de confianza pois se enfrontaban ao pechacancelas, o San Cristobal, que tiña só 3 puntos.

Dumbria Infantil de Liga Galega-Foto- Jorge parri

Xa Rematou a XVI Liga Comarcal de Fútbol Sala LCFs Costa da Morte

Cos resultados da 10ª xoranda (que podedes ver en www.futboldacosta.com) ponse fin á liga regular de fútbol sala en idade escolar. Os primeiros clasificados de cada un dos grupos nas categorías benxamín e alevín deberán enfrontarse entre si para determinar o campión, que terá dereito a xogar a fase intercomarcal.

En categoría infantil clasificase directamente para xogar dita fase o campión de liga. Este foi o equipo camariñán de As Baleas, campión polo golaverage individual ante o Concello de Carnota.

Foron moi loitadas as Ligas benxamín e alevín. No Gr. 1 Benxamín, o Corcubión quedou ás portas da clasificación ao só poder empatar na última xornada ante o Manuela Rial, que superou por só 1 punto Ás Baleas B. No Gr. 2 o C. Fisterra supera por golaverage individual ao EMF Vimianzo.
En Alevíns, no Gr. 1, o Concello de Carnota foi moi superior, mentres que no Gr.2 o poderío o tivo o EFM Vimianzo.

Así, as finais xóganse este venres 1 de febreiro de 2013 no Pavillón de Dumbría:

  • 18:00 Final Benxamín: Manuela Rial – C. Fisterra.
  • 18:50 Final Alevín: C. Carnota – EMF. Vimianzo.

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios