Venres. 29.03.2024
El tiempo

Quen dixo que non se podía facer barranquismo no río Xallas?

Quen dixo que non se podía facer barranquismo no río Xallas?

Hai pouco os víamos “colgados” na Fervenza do Ézaro. Hoxe os vemos descendendo o río Xallas dende o encoro de Santa Uxía. Este grupo de montañeiros e amantes da natureza, a cabalo entre Negreira e a Costa da Morte, disfruta coma poucos das nosas marabillas naturais.

Da man do bombeiro Rubén Suárez Carballo, podemos seguir a ruta de barranquismo polos 1,4 km de río liberado dende o pasado mes de abril. Unha apertura que obrigou a anular toda clase de actividade deportiva, coma esta, a nivel comercial. Pero o que non se pode evitar é que un grupo de "colgados" coma este, disfrute do río. Iso si, precaución, non se lles ocorra ir se non é da man de auténticos especialistas.

Sen máis, deixámosvos coas impactantes imaxes da baixada.

Barranquismo no río Xallas Barranquismo no río Xallas Barranquismo no río Xallas Barranquismo no río Xallas Barranquismo no río Xallas

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios