Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte bota o peche para lembrar a importancia do comercio local

A Costa da Morte bota o peche para lembrar a importancia do comercio local
Establecimento de comercio local de Ponteceso Moitos comercios de Ponteceso, coma este, botaron o peche

Fermosa iniciativa a que armaron conxuntamente establecimentos comercais de distintas localidades da Costa da Morte. Emprendedores de Baio, Zas, Laxe, Ponteceso e Vimianzo, uniron lazos durante a pasada tarde do 30 de abril para a revindicar a importancia do comercio de proximidade, e o forte papel do comercio local.

Así quixeron celebrar o primeiro de maio, botando o peche a partir das 19:00h a tarde do luns, tapando os seus escaparates (con papel, sabas..etc) e colocando carteis que fan fincapé na importacia do pequeno comercio, e que pasaría se este deixase de existir, con lemas como “o pequeno comercio somos todos “menos a cotizar, menos para as pensións”, “destrucción do emprego”, “paralización da economía local” etc…

Ademáis, ao final da xornada, cada establecemento, apagou todas as luces, incluidas as do rótulos, quedando así as tendas totalmente a escuras durante todo o 1 de maio.

Un xeito de demostrar o que pode acontecer se o comercio de proximidade pecha. Un xeito de visibilizar a importancia do pequeno comercio, e de lembrar que é responsabilidade de todos mantelo vivo, deixando de ir mercar á grandes superficies absolutamente sempre, se temos diante da casa un comercio onde podemos atopar o que buscamos. Un xeito de pedir que toda a sociedade loite pola súa permancia, e que se artellen por parte dos políticos, medidas e decisións que contribuan a súa sostenibilidade.

Peche do Comercio Local da Costa da Morte Os comercios colocaron frases coma estas nos seus escaparates

#Obxectivocumprido

Dende o empresariado valoran moi positivamente a acción pois foron os veciños que se preocuparon e que preguntaron aos emprendedores se realmente pecharan. A creación desa dúbida demostra que habería unha fonda preocupación na sociedade se desaparecera o peqeno comercio.

Concentración en Cee

Mentres, a CIG continúa convocando manifestacións, como a desta mañá ás 12:00h na praza do Concello.

Fonte

Comentarios