Ángel Carracedo ofrecerá este venres unha charla aberta en Laxe

10:31 08/04/25
Este venres 11 de abril, o gran Ángel Carracedo estará nun acto aberto no CEIP Cabo da Area de Laxe. No marco da Semana Cultural, e organizada pola ANPA Cabo da Area, o xenetista xalleiro de talla internacional, dará unha charla para familias, enfocada á xenética pero cun enfoque moi práctico e entendible.
A ANPA ofrece servizo de conciliación para poder acodir coas crianzas, e dará un cafeliño.
Unha oportunidade especial para escoitar unha eminencia mundial, para a que dende a ANPA piden anotarse en anpacabodaarea@gmail.com.