mércores. 30.04.2025
El tiempo

Pero a quen se lle ocorre realizar actos vandálicos nos Penedos de Traba e Pasarela?

ACTOS VANDÁLICOS PENEDOS 1
Pero a quen se lle ocorre realizar actos vandálicos nos Penedos de Traba e Pasarela?

A verdade que non temos perdón... Apenas uns meses despois de instalar a nova sinalización no marco do Plan dos Penedos de Traba e Pasarela, este luns, os Concellos de Laxe e Vimianzo comprobaban as consecuencias dun acto vandálico acontecido durante a fin de semana. 

Os dous concellos, implicados no plan, lamentaron os actos neste espazo natural protexido de alto valor xeolóxico e paisaxístico. Os sinais, que foron arrancados, rotos e tirados, serven para orientar aos visitantes nos sendeiros e indican as singulares formas dos penedos. Unha acción que para os Concellos foron “premeditadas” e “algo profundamente triste para o noso territorio”.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resaltou a importancia de “coidar do noso para que os servizos públicos poidan ser de calidade” e engadiu que “este tipo de comportamentos danan o ben común e aféctannos a todos. Trátase de actos que atentan directamente contra o esforzo colectivo por preservar o noso patrimonio natural”.

Ámbolos dous concellos fan un chamamento á colaboración cidadá “para tratar de esclarecer o sucedido. Calquera mínima información, por pequena poida parecer, pode ser de gran axuda”. Con todo, aseguran que seguirán "potenciando e coidando este espazo, por iso este tipo de actos doen profundamente”.

ACTOS VANDÁLICOS PENEDOS 2
Ducias de carteis sinalizadores apareceron destrozados

Máis novas dos Penedos

 

Comentarios