A mocidade de Laxe aprenden armas de sedución masiva
Despois do éxito e interese xeral transmitido coa ampla e activa participación ó taller de comunicación impartido fai uns días en Laxe, desta volta, o Concello laxense propón unha actividade vencellada a comunicación non formal: “A Arte da Sedución”.
Este obradoiro volve a estar dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade. Realizarase o venres 25 de maio ás 18.00h horas no Centro Social Valle Inclán de Laxe e contará con certificado de asistencia.
A actividade, organízase dende o Concello de Laxe en colaboración cos Centros Quérote+ e a Xunta de Galicia, e tratará, entre outros, os seguintes temas de interese xuvenil:
- A construción dunha imaxe corporal positiva.
- As situacións de ligue e os encontros en parella.
- A reflexión sobre as formas de relacionarnos cos iguais.
As prazas son limitadas, así que os interesados e interesadas en asistir ó taller deben inscribirse no 2º andar da Casa do Concello ou ben no teléfono 981 706 903 (ext. 112).
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Laxe.