Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta inicia as obras na rotonda de Valarés e no Ría Vaa de Malpica e recibe aos afectados da estrada de Laxe

A Xunta inicia as obras na rotonda de Valarés e no Ría Vaa de Malpica e recibe aos afectados da estrada de Laxe

Triple nova a que nos chega dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas referente a obras importantes nos Concellos de Malpica, Laxe e Ponteceso. Por Ponteceso, e malia que xa anunciamos 3 veces a rotonda de Valarés, aínda hoxe vai ser licitada.

Ao mesmo tempo a Xunta anuncia que iniciará as obras, en xuño, para a conservación do Río Vaa en Malpica.

E tamén hai novidades en Laxe, i é que a Xunta disponse aberta a recibir aos veciños afectados polas obras de acondicionamento da estrada AC-433 entre Ponte do Porto e Laxe.

Afectados en Laxe

Levan tempo en Laxe os veciños afectados polas obras na estrada AC-433 entre Ponte do Porto e Laxe. Hoxe, 4 anos despois da licitación das obras, o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, amosou hoxe “a disposición” da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para recibir aos veciños afectados.

O portavoz ten que dicir que “Todos os accesos ás fincas existentes foron respectados e estanse a atender todas as reclamacións expresadas ao respecto”.
As obras de acondicionamento desta estrada comprenden unha lonxitude total de 12,6 quilómetros, con anchos que van desde os 6 ata os 9 metros. Unhas obras que ademais agochan un castro ante a impasibilidade das administracións.

Obras de mellora no río Vaa e no Rego de Camarada

Igualmente, a MATI iniciará as obras de conservación e mellora das condicións do río Vaa e Rego de Camarada, no Concello de Malpica, no vindeiro mes de xuño. O proxecto contempla accións como a retirada de árbores caídas nos ríos ou supresión de exemplares mortos que puideran causar atascos.

O treito do río Vaa obxecto das obras sitúase entre a estrada que une Carballo e Malpica (AC-414) e a captación situada no lugar de Vigo, cunha lonxitude de 14.300 metros. O tramo do rego de Camarada sitúase entre o citado núcleo e a confluencia co río Vaa, cunha lonxitude de 1.700 metros. Sumados os dous intervalos de río, actuarase sobre un total de 16 km. Cabe citar que ningún dos treitos está afectado por delimitación de espazo natural protexido nin couto de pesca.

Licitadas as obras da rotonda de Valarés

Tras 3 pre-novas, hoxe anunciamos a nova de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, as obras da rotonda de Valarés. Trátase concretamente da intersección da estrada Ponteceso-Corme (AC-424) no punto quilométrico 1+550 coa DP-6803, no cruce que dá acceso á praia de Valarés (se ben a administración utiliza o B para indicar o lugar que o colectivo ConV rexeita).

Para levar adiante esta actuación foi preciso un proceso de expropiación que afectou a catro predios e que implicou un investimento de 5.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa da MATI.

Comentarios