Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe

O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe

Nova visita institucional ao treito Carballo-Berdoias da Autovía da Costa da Morte tralas críticas da oposición pola suposta parálise das obras e pola posible implantación dunha peaxe. Onte, o Conselleiro Agustín Hernández quixo ratificar o compromiso da Xunta para coa infraestrutura, asegurando que "o vindeiro ano poderá circularse entre Carballo e Berdoias a través dunha autovía libre de peaxe".
E fai este anuncio coincidindo coa publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do terceiro tramo, o de Berdoias-Cee, que analizaremos estes días.

O Conselleiro apuntou que "a porcentaxe de execución da Autovía da Costa da Morte xa acada o 22%". Son cifras máis avanzadas das previstas por mor do bo tempo durante os primeiros meses do ano. Precisamente por iso, e polas dificultades financieiras da UTE concesionaria (Copasa – Covsa – CRC – Taboada y Ramos), as obras están en pausa, "que non paralizadas", asegura.
Se Diego Calvo afirmaba que "as obras pararon en Semana Santa por mor do Convenio da Construción", a pesar de vermos a maquinaria parada, Hernández indica que "nestes momentos estase a traballar nas labores de movementos de terras, drenaxe, reposición de servizos afectados e inicio das estruturas".

Hernández manifestou que "a solvencia do Goberno galego e das propias construtoras permitirán á concesionaria pechar o financiamento necesario para o remate da infraestrutura". E foi máis alá: "A UTE logrará pechar un acordo cos bancos para rematar esta infraestrutura imprescindible para a Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios