Martes. 17.09.2024
El tiempo

Abertas as inscricións para as catas e as masterclass do marzo enolóxico de Laxe

Abertas as inscricións para as catas e as masterclass do marzo enolóxico de Laxe
relaxese-laxe-marzo-2017 Aínda co Febreiro Gastronómico por arrincar, a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe abre o prazo de inscrición para quen queiran participar nas catas profesionais que se celebrarán no Museo do Mar de Laxe durante o vindeiro mes de marzo, no marco do programa Reláxese. I é que o proxecto de desestacionalización turística adica este mes de marzo á enoloxía e farao cun completo calendario de catas profesionais e de masterclass:

Catas

  • Venres 3 ás 18.00 h: Cata D.O. Rías Baixas a cargo de Cristina Mantilla González de Adegas Valmiñor
  • Venres 10 ás 18.00 h: Cata D.O. Rioja de Bodegas Ramón Bilbao
  • Sábado 11 ás 11.00 h: Cata D.O. Monterrei de Adegas Mara de Martín Códax
  • Venres 17 ás 18.00 h: Cata D.O. Ribera del Duero a cargo de Pedro Cabestrelos, Xerente-Enólogo de Bodegas Lambuena
  • Sábado 18 ás 11.00 h: Cata D.O. Valdeorras a cargo de Ángel Rodríguez, adegueiro de Adega Quinta da Peza
  • Venres 24 ás 18.00 h: Cata D.O. Ribeiro a cargo de César Fernández, xerente de Bodegas Cunqueiro
  • Sábado 25 ás 11.00 h: Cata D.O. Ribeira Sacra a cargo de Fernando de Santiago, enólogo de Viñedos e Bodegas Finca Míllara.

Masterclass

A este ciclo de catas hai que sumar a seguinte Masterclass:
  • Sábado 4 ás 11.00 h: Masterclass a cargo de Luis Paadín, Técnico especialista en viticultura e enoloxía: “O servizo e conservación do viño”.

Febreiro Gastronómico

relaxese-laxe-febreiro-2017 Tamén continúa aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades gastronómicas do mes do Febreiro Gastronómico:
  • Luns 6 ás 17.00 h: Visita ó restaurante “Retiro da Costiña” para coñecer a xestión integral dun restaurante Estrela Michelín.
  • Venres 10 ás 17.00 h: Curso de formación con Ángel Benavente, Xefe de Servizos do Centro Superior de Hostalería de Galicia: “A excelencia na atención ao cliente”.
  • Venres 17 ás 17.00 h: Showcooking a cargo de Fernando “Caco” Agrasar, chef do restaurante As Garzas (* Michelin)
Tódalas actividades son gratuítas e están dirixidas a profesionais hosteleiros e poboación interesada.

Inscricións

Os formularios de inscrición están dispoñibles na páxina web www.concellodelaxe.com ou chamando ao teléfono 981 706 965.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios