Xoves. 25.04.2019
El tiempo

O alumnado de Laxe gaña o premio de Banda Deseñada do Correlingua

Alumnado de Laxe en Lugo recollendo o premio por gañar o Correlingua 2019
Alumnado de Laxe en Lugo recollendo o premio por gañar o Correlingua 2019
O alumnado de Laxe gaña o premio de Banda Deseñada do Correlingua

O Correlingua é un dos programas de normalización máis importantes de Galicia. Este ano participaron 3.500 [email protected] de 56 centros de ensino de todo o país. Entre eles, as nenas e nenos de 5º de primaria do CPI Cabo da Area, que ademais gañaron o concurso de Banda Deseñada do Correlingua 2019 cunha proposta titulada “Gallaecia”.

Este venres achegáronse ata a Deputación de Lugo para participar no acto de entrega de premios aos gañadores das distintas categorías.

Como premio tanto as alumnas e alumnos do CPI Cabo da Area coma os que resulten gañadores do concurso de vídeo de infantil e primaria pasarán un día na provincia de Pontevedra. Pola mañá estarán no PAAR de Campo Lameiro, onde visitarán o parque e terán un obradoiro adaptado á súa idade. Logo, pola tarde, en Pontevedra, Cris de Caldas encargarase de contarlles uns contos ben xeitosos para pechar a xornada.

Esta é a obra da rapazada laxeira:

BD-Laxe-ganadora-Correlingua-2019-Gallaecia-1

BD-Laxe-ganadora-Correlingua-2019-Gallaecia-2

BD-Laxe-ganadora-Correlingua-2019-Gallaecia-3

BD-Laxe-ganadora-Correlingua-2019-Gallaecia-4

Comentarios