O Arquivo Vidal recibe o premio "Fotógrafo Histórico" da Deputación

Entrega do Premio Fotografo Historico da Deputacion ao Concello de Laxe polo Arquivo Vidal

O "buque insignia da potencia cultural de Bergantiños e a Costa da Morte”. Así califica o vicepresidente e deputado carballés Xosé Regueira o xa catalogado como Ben de Interese Cultural Arquivo Fotográfico Vidal. En apenas 2 anos de traballo (dende que a anterior concellería de Turismo comezou a recuperar a historia do ”fotógrafo da xente” e presentou o ilusionante libro sobre a súa vida, o Arquivo xa é toda unha referencia cultural na provincia.

Así o recoñece o premio "Fotógrafo Histórico" que a Deputación da Coruña vén de conceder ao Concello de Laxe. É un feito singular porque por primeira vez o premio, que está no marco do programa do Premio Ksado, recaeu nun proxecto e non nun autor ou autora.

No acto participaron o vicepresidente e o deputado de Cultura da Deputación, Xosé Regueira e Xurxo Souto, o alcalde de Laxe, José Luís Pérez Añón. o estudoso da súa obra Xan X. Fernández Carrera e o técnico responsábel do proxecto, Joaquín Vidal.

O propio Xurxo Lobato fixo un chamamento para que os concellos recuperen a súa memoria gráfica, con profesionalidade, para que a veciñanza coñeza o seu pasado e para conservar e difundir un legado dun valor incalculábel. O legado de Ramón Caamaño segue agardando.

Novas relacionadas

Máis novas