![]()
Ademais das actividades deportivas, o concello de Laxe oferta este verán un nutrido programa cultural - posto en marcha polo departamento de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña - no que teñen cabida ducias de eventos para todos os tipos e que xa arrincou onte coa obra de teatro cómico "Saabor", de Culturactiva.
O luns, día 16, abrirase o prazo de presentación de poemas para o
XII Certame de Poesía Antón Zapata García que remata o 14 de agosto.
A seguinte cita é o xoves, 19 de xullo, día no que a praza Ramón Juega acolle a partir das 20:00 horas o espectáculo de maxia
"Fantasía dos sentidos" de Fani Triana Ilusionista. A promgramación continúa o 26 de xullo co espectáculo de títeres con luva de Fantoches Baj e que leva por título
"Fábula Galénica". Ao día seguintes, o venres 27, arrancará da praza Ramón Juega o
IV roteiro "Lúa Chea"; un roteiro guiado con escenificacións teatrais e musicais polas rúas de Laxe que comeza ás 22:00 horas. E as actividades de xullo rematan o sábado día 28 co
XVII Certame da Canción Mariñeira que será a partir das 20:00 horas na praza de Ramón Juega.
A programación cultural do concello de Laxe continúa durante todo o mes de agosto. Así o día 2, ás 20:00 horas, haberá un espectáculo de circo con aéreos (de Desastronoauts) coa obra
"Máis alto ainda". Do 3 ao 5 de agosto a praza Ramón Juega acolle o
VI mercado Pirata con postos de artesanía e alimentación, xogos e varios espectáculos itenerantes. Xa o día 9 o mago Teto traerá o seu
espectáculo de maxia "Alquimia" no que o mago, convertido en "alquimista" persegue a felicidade para acadar a "Gran Obra". Varios grupos de música tradicional citaranse en Laxe o día 11 de agosto no marco do
XVIII día da gaita organizado pola asociación cultural Maruxía. O día grande de Laxe, o 15 de agosto, a
banda de Ponteceso percorrerá as rúas d vila antes e despois da celebración da misa. E xa para rematar, o 25 de agotso, volve á praia dos Cristais o
Solpor Poético e o certame de poesía coa actuación do grupo musical e poético "Gelría" e co acto de entrega dos premios de poesía.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Laxe