Martes. 15.10.2019
El tiempo

Augusto Pérez-Alberti: "É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida"

Augusto Pérez-Alberti: "É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida"
augusto-perez-alberti Augusto Pérez Alberti foi o creador do informe que provocou a catalogación dos Penedos como Paisaxe Protexida Mañá pola tarde, o museo do Mar de Laxe acolle unha mesa redonda na que baixo o título “Un impulso ó plan de conservación dos Penedos de Pasarela e Traba” varios expertos con distintos puntos de vista marcarán o plan de traballo para lembrarlle á Xunta de Galicia que cumpra os compromisos que adquiriu no ano 2009 coa declaración oficial de "Paisaxe Protexida". Entre eles estarán o alcalde do concello de Laxe, José Manuel Mouzo; o concelleiro de Turismo de Laxe, Xosé Manuel Pose; o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos; o escritor e historiador Xosé María Lema; o xornalista Juan Ventura Lado, e tamén o catedrático Augusto Pérez Alberti, redactor do informe que impulsou a declación oficial de Paisaxe Protexida. Catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela desde 1999, Augusto Pérez Alberti é un bo coñecedor dos Penedos de Traba e Pasarela. Falamos con el. 
  • QPC: Que fai"única" a paisaxe dos Penedos de Traba e Pasarela?
A variedade e singularidades das súas xeoformas. A riqueza de Penedos con formas de persoas, animais, figuras xeométricas,...
  • QPC: Existen outros macizos similares a este?
A nivel de Galicia existen diferentes macizos graníticos tales como a Pena Corneira en Ourense, O Pindo, O Faro de Budiño en Pontevedra,.. pero ningún contén a variedade de xeoformas que se poden atopar nos Penedos de Pasarela e Traba. Non, non estou vencellado á comarca. Téñoa visitada moitas veces pero a miña relación é só profesional. Levo traballando moitos anos en xeomorfoloxía. Por iso, van xa uns 10 anos (non me lembro exactamente) durante o goberno bipartito, encargouseme a redacción por parte da dirección xeral de Conservación da Natureza dun informe para a solicitar a declaración de Monumento Natural ao Macizo de Pena Corneira. Posteriormente solicitáronme que fixera outro para solicitar a declaración de Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba. penedos-traba-pasarala No ano 2009 a Xunta de Galicia declarou os Penedos de Traba e Pasarela baixo a figura de "Paisaxe Protexida"
  • QPC: Cal é a finalidade dunha área protexida?
Como o seu nome indica, acadar a súa conservación. Concretamente, segundo a di a propia Xunta na sua web: "As paisaxes protexidas son espacios que, polos seus valores singulares, estéticos e culturais ou ben pola relación harmoniosa entre o home e o medio natural, sexan merecedores dunha protección especial". O réxime de protección das paisaxes protexidas estará dirixido expresamente á conservación das relacións e dos procesos, tanto naturais coma socioeconómicos, que contribuíron á súa formación e fan posible o seu mantemento.
  • QPC: Que os Penedos de Traba e Pasarela estean baixo a figura de "Paisaxe Protexida" significa que a súa conservación estea 100% garantida?
Na teoría, si. Na práctica dependerá do interese da súa conservación por parte do órgano responsable, ou sexa, a Xunta de Galicia.
  • QPC: Que lle parece que case dez anos despois desta declaración, non se levara a cabo ningunha outra acción aquí?
Simplemente lamentable. Aínda que non sirva de consuelo, en Pena Corneira pasou o mesmo.
  • QPC: Que lle parece a unión de sinerxias dos concellos de Vimianzo e Laxe para impulsar o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela?
Paréceme moi boa idea. É importante que dende o ámbito local se poñan en marcha accións encamiñadas a potenciar os valores dos penedos ao tempo que demandar da administración o cumplimento das promesas feitas cando se declarou Paisaxe Protexida a área. Lémbrome que por parte da administración había un compromiso de erguer un centro de interpretación que nunca se fixo.   Novas relacionadas

Fonte

Comentarios