Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Laxe pide melloras para o CPI Cabo da Area

FOTO BNG LAXE REUNIÓN CPI CABO DA AREA 2
Cristina Vázquez, Xosé Manuel Pose Lema e Isabel Toja reuníronse co xefe de estudos, Antón Varela e a directora Cristina Lage
O BNG de Laxe pide melloras para o CPI Cabo da Area

Achegouse este xoves 20 de abril o BNG de Laxe ata o CPI Cabo da Area para manter unha reunión coa dirección, á que lle trasladou "todo o apoio para mellorar as infraestruturas do centro de primaria e secundaria".

“Trasladamos todo o apoio do BNG ás demandas do equipo directivo así como o noso compromiso de que imos impulsar a máxima colaboración do concello co centro educativo, participando activamente na realización de actividades conxuntas de carácter educativo, cultural ou de dinamización social”, explicou Vázquez, candidata número dous e ela mesma docente no seu caso no IES de Ponteceso, unha cuestión importante tendo en conta que, a día de hoxe, perdeuse por completo a colaboración entre o concello e o centro educativo na realización de actividades conxuntas a favor do alumnado de Laxe.

Os nacionalistas tomaron nota das cuestións que lles trasladou a dirección do CPI, como o deterioro que soporta o edificio de educación secundaria; que mesmo afecta á salubridade e seguridade en recubrimentos, canalizacións e ventás. Igualmente, o instituto leva vinte anos sen pintar, “polo que é urxente pintar as corenta aulas que integran este centro, tanto por hixiene como para ter un espazo educativo en boas condicións para o alumnado”, destacou Vázquez.

Outras deficiencias importantes afectan ao equipamento da cociña,  os xardíns dos patios carecen do necesario mantemento e urxe dotar ao centro de primaria dun parque infantil para nenos e nenas de entre tres a seis anos, así como de material de descanso e ocio.

Ademais de colaborar coa comunidade educativa, o BNG porá en marcha desde o goberno municipal actividades culturais e educativas de calidade para o público escolar de todos os centros educativos do concello, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das crianzas e das súas familias.

Igualmente, e tendo en conta que o CPI Cabo da Area vai celebrar o 50 aniversario da súa posta en funcionamento, o BNG propón actividades culturais e de encontro que conecte á veciñanza co centro educativo no que recibiron formación ducias de xeracións de veciños e veciños. 

NOVAS DAS ELECCIÓNS

NOVAS DO BNG

 

Comentarios