Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos

Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos
Vistas dende o monte do Castelo de Sueiro á chaira da parroquia de Soesto Vistas dende o monte do Castelo de Sueiro á chaira da parroquia de Soesto

Moito ten que loitar Laxe para manterse como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos. Nesa liña vai a redacción do Catálogo da Paisaxe, pero a realidade é máis complexa pois o Proxecto eólico Pena Forcada- Catasol II que tramita Gas Natural Fenosa e máis o Proxecto de evacuación de enerxía do futuro parque, arestora en fase de consulta pública, ameaza esta simbólica vitoria da natureza.

A zona que invadirán os 3 viraventos proxectados ten moitas catalogacións que viran en contra dos muíños. Falamos de distintivos como o ZEC “Costa da Morte” (Zona e Espazos Protexidos 1110005), da ZEPA Costa da Morte (Zona de Especial Protección de Aves) na Lagoa de Traba, do LIC Costa Morte (Lugar de interés Comunitario) ou da Paisaxe Protexida “Penedos de Pasarela e Traba”.

Hai outro punto que tamén vira en contra dos muíños, como vén de “descubrir” estes días a Asociación Petón do Lobo. Falamos do Castelo de Sueiro, na parroquia de Soesto. Falamos dun Ben sen catalogar, pero do cal a entidade bergantiñá xa solicitou á Consellería de Cultura a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

”Consideramos que sería bo lembrar que aí houbo nos seus tempos un Castelo, probable época baixomedieval. Aínda que hoxe quedan poucas pegadas do mesmo, non o fixo así a toponimia que aínda conservou o nome, a ubicación estratéxica sobre as praias de Traba e Soesto e o sin lugar a dúbidas máis importante, o dominio dunha entorna de elevada calidade estética e paisaxística, como non podía ser menos deste municipio costeiro da Costa da Morte”, explican.

proxecto-eolico-e-de-evacuacion-linas-alta-tension-de-pena-forcada-laxe Mapa do Proxecto eólico e de evacuación das liñas de alta tensión Pena Forcada II  

A historia do Castelo de Sueiro

monte-onde-se-localiza-o-castelo-de-sueiro Monte onde se localiza o Castelo de Sueiro

Neste lugar, entre os séculos XI e XIV, existiu unha fortificación chamada Castelo de Sueiro. O castelo aproveitaba a situación estratéxica e a orografía rochosa do lugar dominando o val de Traba e de Soesto. A destrución do castelo probablemente ocorreu no século XIV. Ao pé do castelo unhas chanceiras ou rebaixes do terreo (chá, planicie) facilitarían o acceso dos señores ao mesmo. Aos lados pedras sólidas garantírían a seguridade do castelo (Cal de Moreu).
Desde a súa ubicación pódese apreciar a redonda unha paisaxe de alto valor estético e paisaxístico. A praia de Traba, Soesto, lagoa de Traba e a paisaxe protexida "Penedos de Pasarela- Traba”.
O apelido Sueiro é patronímico de Suar, pero tamén o pode ser de Soro e de varias formas máis.
Entre as teorías para a etimoloxía do apelido Sueiro son salientables as seguintes:
Patronímico, derivado do nome propio Soro, hoxe nome de pila pero moi usado na Idade Media, de orixe xermánica, de "sug-hari" ou "sub-hari", "Sugerius" ou "Sudarius" nas transcricións notariais da baixa latinidade e que se traduce por "O exército do sur ou do sol”.

A obra "Os fenómenos de homonimia e homofonía na toponomástica e a súa repercusión nas etimoloxías cultistas e populares da Europa Occidental" de Joaquín Caridade Arias, respecto da etimoloxía do nome medieval Soro, di que vén do antropónimo celta Surus, que é un nome teofórico que contén o nome da divindade celta que se chamou Sirona, Stirona ou Tsirona, sobre a raíz *ster (latín stella, "estrela”).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios