A cativada de Laxe mergúllase no seu mar

09:46 27/04/23
Menuda xornada a que viviron os alumnos e alumnas das escolas unitarias de Traba e a Torre. Primeiro realizaron unha visita á lonxa e o peirao de Laxe, onde coñeceron de primeira os traballos das xentes do mar.
E por se fora pouco, tamén foron á praia a facer unha recollida de lixo, nunha desas accións de concienciación medioambiental que quedarán na súa memoria.
