![colaxe-curso-atencion-sociosanitaria]()
As participantes realizaron prácticas en diferentes centros residenciais da zona
Onte clausurouse en Laxe o
curso de "Atención a persoas dependentes en institucións sociais" impartido en Colaxe e no que participaron un total de 15 alumnas. Durante o curso, as participantes realizaron prácticas en diferentes centros residenciais da zona. Esta formación está acreditada e ten
certificado de profosionalidade - requisito imprescindible para traballar no sector de maiores e dependentes -.
Dada a demanda deste perfil profesional, Colaxe xa ten aberta unha
nova convocatoria para o vindeiro mes de xaneiro. De novo oferta quince prazas e impartirase en horario de tarde. Está aberto a persoas en situación de desemprego. Os interesados en participar poden informarse no 981 72 83 10.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Colaxe