xoves. 01.05.2025
El tiempo

Colaxe organiza un novo curso de atención sociosanitaria

Colaxe organiza un novo curso de atención sociosanitaria
O vindeiro mes de setembro, comeza en Laxe un novo curso de "Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais" impartido no centro de formación en ocio Colaxe. O curso, de 370 horas teóricas e 80 horas prácticas, ten dispoñibles 15 prazas. Os interesados en participar deben anotarse antes de finais do presente mes de agosto. Para poder acceder ao curso, os participantes deben cumprir polo menos un dos requisitos esixidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: "Nivel 2: Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), proba de Acceso a Ciclo Formativo de Grado Medio, Certificado de profesionalidade do mesmo nivel, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da misma familia profesional, proba de Acceso a la Universidad (PAU) para maiores de 25 anos". Os interesados poden informarse nos números de teléfono 981 72 83 10 ou 679 76 14 66 ou no mail. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 

Comentarios