Martes. 23.04.2024
El tiempo

Comeza en Laxe a rodaxe da serie infantil de Clan "Los Argonautas"

Argonautas na Praia de Laxe
Comeza en Laxe a rodaxe da serie infantil de Clan "Los Argonautas"

A Portozás de antano volve convertirse en escenario de película. Desta volta, de serie, xa que a primeira serie infantil de imaxe real que coproducen Portocabo e RTVE para Clan, rodarase durante todo o verán entre Laxe e A Coruña.

Unha serie integradora dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos que fai unha forte aposta pola diversidade

Os protagonistas da presentación, ademais das autoridades e patrocinadores, foron os directores da serie, Toño López e Lucía Estévez, pero sobre todo parte do elenco, do que forman parte intérpretes como Eva Fernández, Federico Pérez e os novísimos Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela ou Xoel Río.

Inspirada en grandes clásicos, como ‘El club de los cinco’ ou ‘Los Goonies’, adaptados ao século XXI, ‘Los argonautas’ reúne a un grupo de cinco amigos que vivirá un verán diferente.

“Escollemos como escenario principal da serie unha paraxe natural de enorme riqueza como é Laxe, en plena Costa da Morte galega”, apuntaron os responsables, “unha vila culturalmente activa e na que conviven tradición e modernidade con praias de area branca e costas escarpadas, ríos e bosques de litoral”.

14Argonautas_T01_ruedaprensa_07072022_jaimeolmedo_DSC_2445 copia

Comentarios