Venres. 29.03.2024
El tiempo

A comunidade escolar de Laxe saíu á rúa para pedir máis medios

Concentracion en Laxe por un comezo de curso seguro
Concentración en Laxe por un comezo de curso seguro
A comunidade escolar de Laxe saíu á rúa para pedir máis medios

Despois concentracións ao longo da país, tamén en Carballo e Cee, por unhas #AulasSeguras, este vernes toucolle á comunidade do CPI Cabo da Area de Laxe saír á rúa. Numerosas familias, ademais do equipo de directivo, o Claustro de profesores e o Consello Escolar, concentrábanse na Praza dos Voluntarios para esixir unha serie de melloras para afrontar con seguridade este comezao de curso.

Uns días antes enviaran un escrito, asinado por todos os estamentos da comunidade, deixando claro que “a día de hoxe, non pode garantir o cumprimento das medidas recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto covid”. O insuficiente número de Auxiliar Técnico Educativo, de persoal de limpeza ou de persoal docente, provocaron que as familias sacasen pancartas como “Dereitos dos menores, necesitamos coidadores”, “a protección é necesaria pero non suficiente”, “aulas burbullas, un engano, así non aguantamos un ano”, “Ademais das mascarillas, soltad a calderilla” ou “Isto vai moi mal, necesitamos persoal”.

Este é Josiño Mira lendo o manifesto.

Concentracion en Laxe por un comezo de curso seguroConcentracion en Laxe por un comezo de curso seguro 4

 

Novas relacionadas

Comentarios