“Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe

09:38 29/03/18


Xornadas Gastronómicas
O primeiro paso será organizar as primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”, do 9 ó 15 de abril, coa hostalería do Concello de Laxe como protagonista. Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poderán degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería - Degustación O Ben Me Sabe, Taberna - Restaurante O Bocho, Café - Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich. As consumicións dos menús posibilitarán entrar no sorteo dunha cea para dúas persoas, a consumir en calquera dos nove negocios adheridos ás Xornadas.Ruta dos Pinchos
Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio.Novas relacionadas
- Catro produtos da Costa da Morte, estrellas no Xantar Ourense.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
- O viño, o gran protagonista do mes de marzo no programa laxeiro Reláxese.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).