Critican o estado das marquesinas de Laxe
Coincidindo co anuncio da Xunta de que vari renovar as paradas de autobuses de varios concellos de Bergantiños, o Círculo de Podemos Laxe lamenta que do millón de euros de investimento, “en Laxe non caerá nin un “peso”.
O grupo presentou un escrito destinado ao delegado territorial da Xunta en Coruña, Gonzalo Trenor López, no que manifestan “descoñecemos se a marxinación á que nos vemos sometidos é consecuencia da inacción da equipa de goberno municipal ou de aqueles que dirixen a administración autonómica”, pero é fundamental que sexa resolvida, xa que abre unha brecha de desigualdade entre concellos.
A maiores, recalcan o “mal estado no que están as que se encontran aquí”, que xa non son moitas, e polo tanto “esiximos a rectificación das medidas tomadas, e que se inclúan neste investimento as paradas de bus sitas en Laxe”.