Denuncian o comezo das obras do Parque Eólico de Laxe antes de obter a licenza
09:07 03/07/18
Imaxe do comezo das obras do parque eólico de Laxe-Fotos-Contramínate No día de onte, a Asociación Medioambiental Contramínate dirixía ao Seprona unha denuncia por inicio de obras previas ao proxectado parque eólico en Laxe, no Monte Chan, antes de ter obtida a licenza administrativa. A entidade bergantiñá lembra que o DOG do pasado 13 de xuño publicaba a resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa de construción e o estudo de impacto ambiental da liña de evacuación do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, situada nos concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas (expediente IN407A 2016/877-1). Abríase así un prazo de alegacións por 15 días hábiles, prazo que a entidade ademais aproveitou para enviar novamente alegacións á execución deste parque por parte desta e doutras asociacións ambientais. A citada resolución referida á liña de ubicación do parque partiría do Monte Chans, entre as parroquias de Soesto e Traba, no municipio de Laxe, un Concello que se ten declarado "Libre de Eólicos". Sen embargo, e a pesar de non dispor aínda da correspondente autorización administrativa para a citada liña, a empresa promotora a través dunha empresa terceira, semella que está a realizar tarefas de desbroce de maleza no monte Chans, segundo descubriron onte, o domingo 1º de xullo, durante un paseo pola zona. Nas imaxes recollen lugares recintados e árbores cortadas para empezar, según nos pareceu, coa apertura de pistas para camións. Ante esta situación, os membros de Contramínate decidiron enviar sen demora unha denuncia ao equipo de Seprona en Coruña, para que se proceda á unha investigación co fin de comprobar se a actuación que está a realizar a empresa promotora do proxecto conta coas autorizacións pertinentes. A denuncia lembra que a área afectada é Espazo de Especial Interese Paisaxístico. A empresa promotora é Gas Natural Fenosa, despois chamada Fenosa Wind e agora Naturgy, tras os cambios de nome realizados pola citada mercantil. A mercantil encargada de executar os traballos semella ser CRC Obras y Servicios, S.L.
Novas relacionadas
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- Xuño 18: O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo.
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).