xoves. 16.10.2025
El tiempo

Ricardo Vigueret contaxiou súa paixón polo teatro ao alumnado do IES de Baio

Ricardo Vigueter coa sua obra sobre Teatro Badius
Ricardo Vigueret
Ricardo Vigueret contaxiou súa paixón polo teatro ao alumnado do IES de Baio

Ilustre visita a que recibiu o IES Maximino Romero esta semana. Ricardo Vigueret achegouse ao centro baiés para presentar seu libro Badius, Historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024), editado polo Concello de Zas como unha mostra máis da súa aposta por poñer en valor a historia, a xente e o patrimonio de dito concello.

Nesta obra faise un percorrido (con texto e moitas fotos) polos 40 anos de historia do grupo de teatro Badius (do cal foi e é presidente); un grupo de teatro afeccionado polo que pasaron máis de cen persoas entre actores, actrices, técnicos e colaboradores de Baio e da contorna, que representaron máis de 40 obras, moitas delas con alumnado do noso Centro, e que actuaron tanto dentro como fora de Galicia (chegaron ata Xuíza), sendo a súa última actuación o sábado 11 de outubro no Carballiño (Ourense) coa obra O parvo.

Badius, gran referente cultural no concello, na comarca e en toda Galicia, segue traballando e agora están preparando “unha nova obra de teatro de Labarta Pose que estrearemos o ano no que se lle adique o Día das Letras Galegas”, anunciou Ricardo.

A familia baiesa quedou encantada co repaso feito por Ricardo, e agradece a implicación e nas gañas de contaxiar a túa paixón por esta arte ao alumnado. “Que viva a risa e que viva Badius!" remataron berrando todos xuntos.

Ricardo Vigueter no IES de Baio

Comentarios