Venres. 19.04.2024
El tiempo

Detido un laxense con 26 gramos de cocaína

Detido un laxense con 26 gramos de cocaína
Nos últimos días procedeuse á detención dun veciño de Laxe pola suposta comisión dun delito contra a saúde pública. Foron axentes da Garda Civil os que identificaron aos ocupantes dun vehículo nunha estrada ao seu paso polo Concello de Santa Comba. Na investigación atoparon no poder dun dos ocupantes do vehículo, 26,2 gramos de cocaína, de xeito que procedeuse á imputación de dito ocupante por mor dun delito contra a saúde pública. O detido quedou posto a disposición do Xulgado de Instrución de Negreira. En Vimianzo Por outra banda, a Garda Civil detivo a finais da pasada semana, a un home de 29 anos de idade como suposto autor dun delito contra a propiedade industrial. Os gardas identificárono como responsable dun posto de venda ambulante no mercadiño de Vimianzo. O acusado tiña á venda preto de 700 artigos falsificados, entre os que se atopaban prendas de roupa, e lentes solares. O detido e a incautación están a postos a disposición da autoridade xudicial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios