Dous vehículos calcinados no incendio dun alpendre en Traba

10:17 02/05/23
Dous vehículos terminaron calcinados no incendio rexistrado na tarde do luns, arredor das 19:25h nun alpendre situado no lugar de Boaño, na parroquia de Traba.
As lapas afectaron a un alpendre que albergaba dous coches e distintos obxectos, que arderon nun incendio que se saldou sen persoas feridas.