Venres. 29.03.2024
El tiempo

Escolas de teatro e música para o outono en Laxe

Escolas de teatro e música para o outono en Laxe
A Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe vén de confirmarnos que xa está preparando a programación de outono e inverno. Xa están pechando os últimos detalles de cara aos novos cursos das Escolas Municipais de Teatro e Música. As actividades darán comezo a partires do vindeiro mes de outubro. Teatro As clases da Escola Municipal de Teatro comezarán na primeira semana de outubro. O prazo de inscrición para formar parte da mesma estará aberto do 10 ao 28 de setembro. Só poderán asistir ás clases as persoas que teñan máis de tres anos de idade. Dende o Concello lembran que a actividade pretende a adquisición por parte dos participantes, de habilidades de expresión corporal e oral, ademáis de facer obradoiros de maquillaxe, son, atrezo, iluminación e producción. As prazas son limitadas. No caso da Escola Municipal de Música, os prazos de inscrición abriranse a mediados do mes de outubro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios