Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Bar Pérez acolle a presentación dunha nova peña deportivista

O Bar Pérez acolle a presentación dunha nova peña deportivista
Continúa a medrar a familia deportivista na Costa da Morte. I é que semella que o Deportivo chegou con forza á Primeira División, algo que nos congratula ante a marea de cor merengue e blaugrana que o cubre todo dende hai varios anos. Hoxe temos que falar da inauguración dunha nova peña deportivista en Laxe. Trátase da Peña Deportivista Bar Pérez. A presentación desenvolverase este mércores, 29 de agosto, a partires das 20:30h. A sede da peña estará no Bar Pérez, situado na rúa Villa Amparo de Laxe. Xa está definido o cadro directivo da mesma. Estará formada por Martín Pose como Presidente, José Pérez na figura de Vicepresidente, Xosé Manuel Pose será o Secretario, José Antonio Añón o Tesoureiro, e Marcos Pose e Manuel Rivera serán os vocais. Este mércores estarán presentes na festa de inauguración algunhas das figuras representativas do sentimento deportivista. Desprazaranse ata Laxe Pachi Dopico, Vicepresidente da entidade branquiazul, Miguel Otero, Presidente da Federación de Peñas, ou os xogadores Alex Bergantiños e Laure.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Peña Deportivista Bar Pérez de Laxe da man de Xosé Manuel Pose.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios