O escritor José Manuel Cameán doa 2.000 libros á Biblioteca de Laxe
11:30 23/09/19
O escritor José Manuel Cameán doa 2.000 libros á Biblioteca de Laxe
Exemplar a doazón de José Manuel Camean. O escritor e ensaísta carballés, fixo entrega o pasado venres de 2.000 libros con destino a Biblioteca Municipal “Antón Zapata” de Laxe.
O Concello de Laxe quixo agradecer “o xesto de cidadanía e xenerosidade cara o ben común e o patrimonio público”.
Cameán aproveitou para facer entrega ao alcalde de Laxe don José Luís Pérez Añón dun exemplar do libro “O Rexionalismo” do ilustre galeguista Alfredo Brañas, xa que é membro da Plataforma de posta en valor de Brañas.